Eventos
Ven | ||||
---|---|---|---|---|
Exposición itinerante sobre a NUTRICIÓN e INFANCIA organizada por UNICEF e o Concello de Ferrol
Start: 30/05/2012 00:00
End: 01/06/2012 00:00
Os días 30 e 31 de maio; e o 1 de xuño, excursión a Cabeza de Manzaneda para o 3º ciclo.
O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.
Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo. Pola tarde tivemos tiro con arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades! Despois, karts. Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca. O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra. E por fin, de volta para a casa. O que máis lle gustou a 5º foi:
Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias |