EXCURSIÓN Fin de Curso, 3º ciclo.
Os días 30 e 31 de maio; e o 1 de xuño, excursión a Cabeza de Manzaneda para o 3º ciclo.
Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!! |
O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades!
Despois, karts.
Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.
E por fin, de volta para a casa.
- Karts
- Piscina
- Discoteca
Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...