Skip to Content

Celebracións e actividades

XINCANA MARIÑEIRA 2015

Aquí tedes unha pequena mostra da xincana deste ano.

Karaoke adicado a Darwin

Empezamos a mover xa o esquelete e a quentar motores, que o Entroido enseguida chega e nos ten que coller en perfecta forma!!!

Xa nos ten á profe María preparada a canción deste ano. 

A PRACTICAR!!!

XA QUEDA MENOS!!!

     Xa temos de novo a "xincana" esperándonos. Non só somos nós os que estamos desexando que chegue, tamén ela está ansiosa de mostrarnos todo o que ten agochado.

     Por agora, ademais de documentaros moito sobre a vida de Jules Verne e sobre os seus libros, léndoos e vendo películas que están baseadas nas súas historias, podedes ir mirando estas presentacións. Son o resume de dúas das súas novelas: "Miguel Strogoff" e "Da Terra á Lúa".

 

 

Xulio Verne Style

   Como xa queda pouco para o Entroido, coa axuda da profe María preparamos esta canción con coreografía e todo.

 

MAGOSTO 2012

          Como o tempo estaba un pouco revolto e non nos deixaba celebrar o magosto, decidimos nós traer algunhas castañas e montar a festa polos corredores do colexio.

          Claro que as nosas castañas eran bastante especiais....

          Dádelle un toquecito co rato a estas castañas que hai aquí debaixo e veredes o que é maxia de verdade!

                                                     

SAMAÍN 2012

 

         

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2012

          Un ano máis celebramos o día da biblioteca escolar con actividades para os distintos ciclos.

Pero non só fomos as persoas do equipo de biblioteca as que preparamos xogos para os nenos e nenas.

Tamén eles nos sorprenderon cunha magnífica poesía.En Infantil sempre acaban deixándonos coa boca

aberta.

IMPRESIONANTE!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

AS NOSAS PELÍCULAS

Bueno, bueno, ... Claro, este curso estivemos codeándonos co máis selecto do cinema e algo se nos tiña que pegar, non?

Agora, que empece a temblar Spielberg, que vai ter unha dura competencia.

Decidimos facer unha animación de tres contos da editorial OQO.

Mirade, mirade!!

(están os tres vídeos na mesma pantalla. Cando remate o 1º tedes que darlle á tecla de "seguinte", e así sempre que queirades cambiar)

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Letras galegas

Para ir abrindo boca tedes que ir preparando este rap para o mércores 16.

Aquí tedes a letra:

Que falemos en galego
é unha cousa natural,
coma a chuvia no inverno
e a calor no verán.

¡En galego!¡Xa!¡Si! (Bis)

Inda hai pais que non lles falan
ós seus fillos en galego
porque pensan que é unha lingua
para pobres e "paletos".

Ós teus pais animarás
a falarche en galego,
que non che van saír grans
nin tampouco cae o pelo.

Hai rapaces e rapazas
que ó ir ó instituto
non queren falar galego
porque din que é montuno.

Mais se alguén che fai tilín
e o queres namorar
faille as beiras en galego,
¡de seguro ligarás!

Hai rapaces e rapazas
que queren falar galego
pero aínda non o falan
porque din que teñen erros.

Anque o fales todo o día
non che pode sentar mal.
Nin dá mocos, nin dá febre.
¡Fai a proba e xa verás!

Falemos a nosa lingua
que é unha lingua moi moderna,
nas escolas e nas casas
nas cidades e aldeas.

¡En galego!¡Xa!¡Si!

 E se queredes ir facendo algunhas actividades, ademais das que están recopiladas no ordenador da biblioteca, sabedes que o Seminario Galán soe preparar algunhas moi boas. As que son para imprimir, as podedes ver nestes enlaces por ciclos:

Infantil           1º ciclo           2º ciclo          3º ciclo

Para actividades en liña podedes ir á paxina principal neste enlace e buscalas. Tamén están por ciclos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Día do libro 2012

          Hoxe, 23 de abril, celebramos un ano máis o día do libro. E que mellor maneira que lendo libros? Por parellas, ou ás veces por tríos, lémonos contos mutuamente. O día non quixo celebralo e se puxo a chover polo que non puidemos saír ao patio e disfrutar na herba ou en calquera outro sitio ao aire libre. Espallámonos polo cole: biblioteca, ximnasio, corredores, escaleiras,... e puxémonos en acción!!. Se queredes, con só premer nesta foto, veredes algunhas máis que o testifican.

          Despois xuntámonos na biblioteca e asistimos á entrega de premios do concurso literario "Laxe das Rodas", que convoca o Equipo de Dinamización da Lingua para Primaria. Houbo tres premios por ciclo e nesta edición os gañadores e gañadoras foron:

1º Ciclo: primeiro premio para María González

             segundo premio para Candela

           terceiro premio para Naira

 

                                                                                                                                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

  2º Ciclo: primeiro premio para Lucía Senande

 

           segundo premio para Mireia

         terceiro premio para Xurxo

 

3º Ciclo: primeiro premio para Clara

                 segundo premio para Breixo

                terceiro premio para Xián

 

NORABOA A TODOS ELES!!!

Ademais, tamén vimos unha curtametraxe preciosa. Os vosos libros tamén voan?

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut