Skip to Content

Celebracións e actividades

Obradoiro de Stop Motion

Como a nosa gran teima deste ano é lanzarnos ao estrellato, pedímoslle axuda a Javier e a Minia, uns expertos da animación con fotografías, para que nos explicaran como se facía.

Mirade que pasada!

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

XINCANA 2012

     Por fin chegou a xincana que estabamos esperando con tanta ilusión!!

     Despois de haber estado aprendendo tantas cousas sobre o mundo do cinema, chegou a hora de demostrar algúns dos coñecementos adquiridos e de pasar un rato moi agradable xogando todos xuntos.

     Como non podía ser doutra maneira, esta vez contamos cunha XINCANA CINEMATOGRÁFICA.

     Seis lugares emblemáticos estaban esperando a nosa visita: Un estudo de cinema, imprescindible en toda filmación; o castelo de Drácula, representando os films de terror; Disneyland, símbolo das películas de animación; o Far West, escenario de tantos westerns; un cine, para poder ver todas as pelis que nos apetezan; e o teatro da Academia, para poder asistir á entrega dos famosísimos oscars.

     Por suposto, que coma sempre, tamén nos agardaban seis personaxes que nos farían traballar de cuidado para conseguir algúns puntos. Estivemos con Hitchcock, co Conde Drácula, con Daisy, cunha intrépida vaqueira, coa acomodadora dun cine e coa encargada da entrega dos Oscars.   

TODO UN LUXO E UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!

            

 Estas fotos recordaranvos estes momentos

 PREPARATIVOS  

 

ESPAZOS

 

XOGO

 

GAÑADORES E GAÑADORAS

     E, coma é habitual, as mamás non nos fallaron e preparáronnos un "picoteo de cine". GRAZAS!!

 

XINCANA CINEMATOGRÁFICA

O final do 2º trimestre chegou e, con el, a tan esperada xincana. Este curso, ata a tele se enterou e quixo visitarnos.

Mirade o que dixeron de nós (aínda que con algúns erros). Aquí tamén podedes buscar os gazapos como nas pelis de verdade. Animádevos!

 

Se queredes saber máis cousas entrade na sección da biblioteca.

sentímolo, flash non está dispoñible.

San Valentín 2012

Un novo ano, o amor chama ás nosas portas e, como non!, nós abrímosllas.

Tedes aquí unha estupenda mostra do que entrou no cole esta vez.

 

     Empezamos debuxando ao animal que máis queremos...

 

 

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Declaracións de amor con humor

II CONCURSO DE

DECLARACIÓNS DE AMOR CON

HUMOR

 

 

FEBREIRO 2012

DÍA DE ROSALÍA

          O pasado venres, 24 de febreiro, conmemorouse o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

          Nós tamén o celebramos. O alumnado de 3º ciclo de Primaria asistiu no Salón de Plenos do Concello, a un acto organizado para tal fin. Rapaces e rapazas de centros educativos da zona recitaron varios poemas de Rosalía e a Agrupación floclórica Ximiela, tamén aportou o seu granciño de area.

          A televisión dá boa fe desto.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
 
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
 
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
 
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
 
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir  بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
 
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
 
 
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
 
 
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

Magosto 2011

Non será por avisar!

              Quen ao magosto non veña

                            por non enterarse siquera,

                                              ao oculista deberá ir

                                                       de cabeza!!

     Estes últimos días levamos traballando un montón diseñando carteis que anuncien o magosto que se vai celebrar no colexio. Ademais da parte plástica, moi importante, tamén fixádevos nos lemas tan inxeniosos e creativos que se conseguiron. Así é que..... quen non participe do noso mgosto, non ten perdón!

SEMANA DO MEDO 2011

         Na semana do 24 ao 28 de outubro celebramos o Samaín e tamén o Halloween. Temos preparadas actividades variadas para pasalo DE MEDO!!

  • Ciclo de películas de medo polas tardes ás 16:00 horas na biblioteca. 

        Poden  asistir todas   as persoas que o desexen. Animádevos!

         Luns, 24: Monster House (91 min). Todos os públicos.

         Mércores, 26: Coraline (101 min). Maiores de 8 anos.

         Xoves, 27: Scooby Doo y los zombies (61 min). Todos os públicos.

         Venres, 28: Tiburón (124 min). Maiores de 8 anos.

  • Exposición das novidades "de medo" da biblioteca.

    

  • Exposición nos corredores dos diferentes traballos de creación dos ciclos:

         Infantil e 1º Ciclo: Creación plástica dun monstro e  descrición do mesmo.

         2º ciclo: Creación dun monstro e invención dunha historia de medo con el.

            3º Ciclo: Elaboración de relatos curtos de medo.

  • Sesións de contacontos duns cursos a outros na "hora de ler".

        martes, 25: 3º ciclo lélle ao 2º ciclo.  

                         O libro elexido é Babaiaga

                     

         mércores, 26: 4º lélle a Infantil

         xoves, 27: 2º lélle ao 3º Ciclo: A min non me comas! 

                                                        

         venres, 28: 3º lélle ao 1º Ciclo

  • Exposición de cabazas e concurso, organizado polo equipo de Seccións Bilingües.
Distribuir contido


by Dr. Radut