Skip to Content

Día do libro 2012

          Hoxe, 23 de abril, celebramos un ano máis o día do libro. E que mellor maneira que lendo libros? Por parellas, ou ás veces por tríos, lémonos contos mutuamente. O día non quixo celebralo e se puxo a chover polo que non puidemos saír ao patio e disfrutar na herba ou en calquera outro sitio ao aire libre. Espallámonos polo cole: biblioteca, ximnasio, corredores, escaleiras,... e puxémonos en acción!!. Se queredes, con só premer nesta foto, veredes algunhas máis que o testifican.

          Despois xuntámonos na biblioteca e asistimos á entrega de premios do concurso literario "Laxe das Rodas", que convoca o Equipo de Dinamización da Lingua para Primaria. Houbo tres premios por ciclo e nesta edición os gañadores e gañadoras foron:

1º Ciclo: primeiro premio para María González

             segundo premio para Candela

           terceiro premio para Naira

 

                                                                                                                                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

  2º Ciclo: primeiro premio para Lucía Senande

 

           segundo premio para Mireia

         terceiro premio para Xurxo

 

3º Ciclo: primeiro premio para Clara

                 segundo premio para Breixo

                terceiro premio para Xián

 

NORABOA A TODOS ELES!!!

Ademais, tamén vimos unha curtametraxe preciosa. Os vosos libros tamén voan?

sentímolo, flash non está dispoñible.



page | by Dr. Radut