Congreso "Competencias Profesionais Docentes"- A Competencia Didáctica
Un orgullo participar no congreso de competencias profesionais docentes e un pracer coñecer ós nosos compañeiros do CPI Castroverde cos que compartimos a nosa experiencia en relación coa Competencia Didáctica.
Podedes ver no adxunto o vídeo que o CAFI gravou no noso centro e que acompañou á presentación .
Adxunto | Tamaño |
---|---|
COMPETENCIAS DOCENTES VIDEO.mp4 | 87.61 MB |
Entrevista en "La Noche "de COPE radio
Compartimos o enlace onde podedes acceder ó audio da entrevista no programa "La Noche" na que participamos para falar do noso proxecto.
Moitas grazas polo cariño mostrado ó equipo do programa.
"Los 40 niños del colegio de Louro aprenden historia cosiendo ledes"- La Voz de Galicia
Xa podedes ler a publicación de "La Voz de Galicia" onde falan do noso proxecto e das vestimentas que lucimos no Entroido feitas polas mulleres de Louro baseándose nas ilustracións de Paco Boluda.
Os galaicos toman Louro
Este venres desfrutamos dun precioso día no que o noso alumnado saiu por Louro lucindo as marabillosas recreacións das vestimentas galaicas realizadas polas mans das mulleres de Louro. As vestimentas están baseadas nas ilustracións de Paco Boluda, guerreiros, mulleres e nenos fixeron que nos transportáramos no tempo
VISITA NOCTURNA "LAXE DAS RODAS"
No marco do proxecto dos POLOS CREATIVOS ,comezamos como non podía ser doutra forma coa visita nocturna dos petróglifos de "Laxe das Rodas" que están moi preto do noso cole. Queremos agradecer a implicación das familias e de María, guía do Concello. Podedes atopar toda a información no blog de Agueiro.
CURSO 22/23
Preparados para comezar co noso proxecto "PETROTÉXTILES "
A finais do mes de xullo saiu publicada a relación de centros que pasabamos a formar parte do programa POLOS CREATIVOS, a isto sumouse a boa puntuación do proxecto que presentamos o que fixo que nos sentíramos moi orgullosos xa que está contextualizado no entorno do noso alumnado, en Louro, nel integramos a investigación do noso patrimonio arqueolóxico cos petroglifos de "Laxe das Rodas", a costura da man das mulleres da nosa comunidade e os e-textiles.
Os dous primeiros días de clase fixemos unhas actividades para introducir o tema con todo o alumnado do colexio como sempre nos gustou facelo , volvendo a desfrutar da normalidade .
ACTIVIDADE INTRODUTORIA
A finais de curso tamén recibimos o Diploma pola participación no Programa RESIDUOS CERO ,coordinado pola profe Candi e que tan bos resultados está dando.
E como vedes este verán non paramos , fixemos varios cambios nos espazos que queremos compartir con vós:
AULA INFANTIL
O NOSO PATIO, SOMOS TRIBU!!!