AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ED.PRIMARIA NO CURSO 21/22
ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/ 22 (código de procedemento ED330B).
Prazo de solicitude: 21/05/21 a 22/06/21
Formulario: ED330B
As solicitudes poden cubrirse na propia aplicación, asinalas , imprimilas e presentalas no centro.
Se usades a chave 365 a propia aplicación realiza un aviso ó centro de que está feita a vosa solicitude.
Aplicación fondolibros:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
O alumnado de 6º de EP que remata etapa e vai para o IES debe solicitar esta axuda no seu novo centro.
Podedes presentar as solicitudes presencialmente no centro, a continuación compartimos enlaces dos anexos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I_0.pdf | 1.84 MB |
ANEXO II_0.pdf | 1.14 MB |
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021-22
Presentación da solicitude de reserva de praza. Xunto coa fotocopia do libro de familia ou DNI do/a neno/a. Prazo aberto do 1 de marzo ó 22 de marzo. FORMALIZACIÓN DA RESERVA A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II que poderá:
Cumprimentarse na aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Descargarse e cumprimentar de forma manual. Recoller no centro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO II.pdf | 683.94 KB |
Distribución de máscaras - alumnado de primaria
O venres publicouse no DOG a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.
Alumnado destinatario:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•Alumnado matriculado en educación especial
•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Compartimos archivos coa orde e ANEXOS que se deberían cubrir para a súa solicitude en caso de non ter sido beneficiario da axuda do material, sempre e cando se cumpra algunha das condicións que se indican.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 6 de novembro 2020.pdf | 608.65 KB |
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf | 136.44 KB |
Libros de texto 2020/21
Achegamos o listado de libros de texto do presente curso escolar 2020/21.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2020-21.pdf | 189.22 KB |
Documentos COVID
A adaptación á situación derivada pola pandemia actual fai que o funcionamento do noso centro se vexa regulado a través dos seguintes documentos que seguen as directrices marcadas pola Consellería, estarán en continua actualización e sempre abertos ás aportacións da Comunidade Educativa para a súa mellora.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
plan_adaptacion_covid_LOURO.pdf | 1007.46 KB |
ANEXOS plan de adaptación.pdf | 1.3 MB |
Programa_acollida_ LOURO.pdf | 381.76 KB |
Plan de continxencia Louro 20-21.pdf | 350.19 KB |
CURSO 2020-21
Comezamos o presente curso escolar poñendo en marcha a páxina web do noso centro que se utilizará como medio oficial para a comunicación das novas máis importantes.
Será interesante que consultedes de cando en vez a páxina para saber o que imos publicando.
Poderedes acceder desde esta mesma páxina á aula virtual do centro e ó blogue da biblioteca.
PROXECTO ANUAL 2018-19
Durante este curso 2018/19 traballaremos os medios de comunicación polo que imos estar moi conectad@s!!!
Para ir empezando, aquí tedes a nosa selección de recomendacións para este Nadal.