DARWIN
Empezamos a traballar un novo proxecto. Quizás de pouco vos soara o nome de Darwin e seguro que aínda sabiades menos de por que é tan famoso, pero seguro que ao rematar este curso xa nunca nos esqueceremos del.
Despois dos primeiros datos que vos fomos dando e os vídeos que puidestes ver, agora toca xogar un pouco. Se estades en 3º, 4º, 5º ou 6º, facédelle unhas poucas de cóchegas a Darwin pinchando nel co rato e, se sodes de Infantil , de 1º ou de 2º mellor xogade co mono e...
a ver a onde nos levan!!!
FELIZ NADAL E FELICES LECTURAS
Por si acaso non se vos ocurre visitar a sección da biblioteca recordámosvos que nestas datas
sempre recibides o primeiro agasallo destas Festas: unha guía que, dende o equipo de Biblioteca,
elaboramos con moito cariño para vós e na que incluímos libros, discos e o que nos parece que poida ser
interesante.
Se pinchades nesta imaxe poderedes atopala.
FELIZ NADAL!!!
Premio nacional "Alfabetización audiovisual"
Mirade que ben luce Dentiños aí arriba!!!
UN NOTICIÓN!!!!
Está mañá enterámonos de que nos fora concedido o premio nacional de Alfabetización Audiovisual polo noso Proxecto sobre O Cine. A verdade é que o colexio era hoxe un volcán en erupción. Non todos os días se reciben novas coma esta!!!
Un premio convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte onde só un Centro por cada categoría: Primaria, Secundaria e Bacharelato sería o galardoado. Podedes imaxinar a ledicia e a satisfacción que podemos ter. Transmitimos o noso agradecemento a todas as persoas e Entidades que dun xeito ou outro colaboraron con nós neste traballo e cos que ademais queremos compartir o premio.
MIRADE, MIRADE. SOMOS NÓS!!!
Non só e un proxecto, senón un xeito de traballar no Centro, a concepción dunha metodoloxía activa, interdisciplinar e que implica a todo o profesorado a que nos leva a emprender estes retos. Son anos os que levamos traballando así e hoxe, quixéronnos recoñecer o noso esforzo. Moitas grazas!!!
E, como non, todas as persoas que estamos involucradas nas Bibliotecas Escolares nunca nos cansaremos de dicir que toda esta revolución que estamos a vivir nas bibliotecas dos Centros galegos é sin lugar a dúbidas, grazas a Cristina e a Pilar, as nosas asesoras, que dende a Consellería siguen a loitar día a día polas bibliotecas e constitúen o noso motor e o noso máximo apoio. Ademais foron elas as que nos empuxaron a presentarnos a este premio. MIL GRAZAS!!
Son innumerables as mensaxes de parabéns que estamos a recibir desde distintos medios. Enche de orgullo e agradecemento ver que tanta xente valora o traballo que realizamos con tanta ilusión: compañeiros e compañeiros de profesión, responsables de bibliotecas, antigo profesorado do Centro, ex alumnos e ex-alumnas, veciños e veciñas de Louro e arredores,... Esta é unha mensaxe de esperanza y de reflexión ante unha situación educativa que estamos a vivir e que non é a máis desexable. A Escola Pública está viva a pesar dos pesares e seguiremos estando aí sempre porque cremos no que facemos.
Deixamos aquí a memoria que presentamos a esta convocatoria. Esperamos que a disfrutedes como o fixemos nós levándoa a cabo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5