Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

A comparsa dos choqueiros do CEIPP de Artes!

Esperamos que o pasarades tan ben coma nós...

Aquí podedes ver una mostra do ben que o pasamos!!

CLICADE AQUI PARA VER O VIDEO https://youtu.be/nsSmY_k4b2k

ENTROIDO 2019!

ADMISIÓN DE ALUMNADO : AGARDÁMOSVOS!

AGARDÁMOSVOS!

Poden descargar o anexo II para a solicitude.

HOXE COCIÑAMOS

Os nenos e nenas de 3º e 4º estivemos traballando na aula "A ALIMENTACIÓN". Estudamos os nutrientes, os grupos de alimentos en función dos nutrientes que teñen cada un deles, a roda dos alimentos, a dieta saudable, receitas de cociña...

Para rematar , decidimos elaborar unha merenda saudable na aula, na que nos convertemos en cociñeiros e cociñeras. Debatemos entre tod@s que podíamos facer... e decidimos facer uns sándwiches vexetais e batido de amorodo e plátano. Dividímonos en dous grupos, e cada grupo foi o encargado de elaborar unha receita.

Chegou o día.... Foi unha mañá moi divertida. A profe preparou os ingredientes e logo nós, tendo en conta os pasos escritos na receita o pasado día, fomos levando a cabo todo o proceso.

Foi moi divertido, gustounos moito traballar en equipo, converternos por un día en cociñeir@s e o que máis nos gustou foi o resultado ........os sándwiches e o batido estaban DELICIOSOS! Tomamos unha merenda saudable, que moitos de nós nunca probáramos e pareceunos unha experiencia moi gratificante!

Aquí podedes ver como fixemos o noso taller de cociña!

Agardamos que vos guste!

 

DESEÑAMOS ESPELLOS

Os nenos e nenas de 5º e 6º na materia de plástica estivemos reutilizando diferentes materiais para facer uns espellos. Cortamos rolos de papel en tiras máis finas, pintamos as tiras e logo, cada un de nós, fomos pegando e dándolle diferentes formas á nosa creación artística.

Este foi o resultado! Clicade neste espello para ver algúns dos resultados!

                             

 

 

Que vos parecen?

 

IGUALArtes

 

Estamos inmersos nun gran programa educativo promovido pola consellería, Secretaría Xeral de Igualdade. "IGUALArtes" trata de fomentar valores sobre a igualdade real entre homes e mulleres, eliminar estereotipos por razón de xénero, difundir a labor de grandes mulleres ao longo da historia así como visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa ditas iniciativas co fin de xeralizar a todos os ámbitos o obxectivo principal: a igualdade.

Poderedes seguir as iniciativas levadas a cabo a través do blog:

 https://igualartes.wordpress.com/

GALEGArtes

No presente curso imos a desenvolver un programa de Innovación sobre a lingua galega "GALEGArtes" que promove a consellería. Pretendemos que se valore e traballe o galego, dun xeito especial;  e que se teña en conta no día a día do alumnado e a comunidade educativa, que a respecten, a valoren e a empreguen, co fin de manter moi viva unha parte tan importante da nosa cultura.

Podedes ver o traballado neste proxecto no seguinte blog:

https://galegartes.wordpress.com/

CLUB DE CIENCIA

 

No presente curso imos a desenvolver un programa de innovación que promove a consellería. Trátase dun CLUB DE CIENCIA, unha actividade extraescolar na que o noso alumnado desenvolverá diferentes habilidades e capacidades tendo como eixo central o ámbito científico.

Cada semana, estaremos inmersos en novos retos e ao longo do curso iremos ensinando as actividades que levamos a cabo. Queres ver o que aprendemos? Pois pincha na marxe dereita, na ACTIVIDADE de CLUB DE CIENCIA.

O QUE SE ENCHUFA RECÍCLASE - OS BOLECHAS

Boas a todos e todas! O pasado venres, 18 de xaneiro, os nenos e nenas de Educación Primaria, tivemos a sorte de levar a cabo no colexio, unha actividade dos Bolechas  sobre a reciclaxe de aparatos electrónicos; que leva por nome     "O que se enchufa, recíclase".

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Aprendemos como colaborar na reciclaxe de aparatos eléctricos que xa non usamos: teléfonos móbiles, lavadoras, lámpadas, ordenadores.....

Pasámolo xenial, até creamos un rap sobre a reciclaxe dos mesmos, mirade mirade as nosas fotiños..... 

 

 

<iframe

VISITA MUSEO GRAVADO E CENTRO DE DÍA

Hoxe foi un día diferente!! Visitamos o Museo do Gravado e o centro de día de Artes onde dedicamos unhas panxoliñas aos usuarios. Que ben o pasamos!!