Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 

Moi boas!

Traémosvos as recomendacións lectoras elexidas polo equipo de biblioteca para este tempo de lecer e que así as nenas e nenos sigan fomentando o seu hábito lector.

Que teñades un bo verán!

Un saúdo!

 

AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Moi boas! 

Informámosvos que xa abriu o prazo para solicitar axuda de libros de texto e material escolar ata o 21 de xuño.

Adxuntamos nota informativa, orde de convocatoria e modelo de solicitude. Un saúdo!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS MAIO

Boas, dende o equipo de biblioteca, deixámosvos as recomendacións lectoras do mes de maio para que o alumnado continúe progresando no hábito lector.

Un saúdo!

ENTREVISTA: ANA PELETEIRO BRIÓN

Para rematar o mes traémosvos unha actividade que nos fixo moita ilusión levar a cabo.

Conectamos as diferentes actividades coas que desde o colexio incidimos na importancia da muller na sociedade e a conmemoración do Día Internacional da Muller, co proxecto da biblioteca deste anos, os Xogos Olímpicos,

Unha entrevista moi especial feita polo noso alumnado a unha das persoas máis ilustres da nosa cidade. Foi alumna do noso colexio e logo converteuse na mellor atleta do país. Ademais estamos ante unha muller empoderada que ten un papel clave como transmisora de valores e que sempre estivo en loita por alcanzar os seus soños: Ana Peleteiro Brión.

Grazas pola túa colaboración Ana e moita sorte no xogos!!! Vémonos pronto polo cole!

 

 
 

PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO 1 - 20 MARZO

Moi boas!

Comeza o período de admisión de alumnado no Colexio Plurilingüe de Artes coas prazas que se ofertan a continuación: 

CONTACONTOS

Hoxe, ao igual que a semana pasada, gozamos dos contos lidos polo noso alumnado para fomentar a lectura e a adquisición de novas aprendizaxes.

   

 

Aquí un anaquiño do contacontos.

 

ROSALÍA CON LUIS VALLECILLO!

Moi boas!

 

Hoxe tivemos a actuación de Luis Vallecillo, artista multidiscplinar que ensinou ao alumnado distintas obras de Rosalía de Castro a través de cancións ritmo diverso.

Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ

O alumnado conmemorou o Día de Rosalía dunha forma diferente e moi divertida!

 

Un saúdo!

QUE VIVA O ENTROIDO!

Boas familias!

 

Como xa sabedes este ano o a temática do noso entroido foi a dos Xogos Olímpicos. Por este motivo vimos a nadadores,patinadores, tenistas,tenistas....

Podedes ver as fotos premendo AQUÍ

E despois tocou o desfile e a degustación de orellas e melindros. Coma sempre riquísimas!!

En resumo, un día especial e de moita diversión para as nenas e nenos!

 

Un saúdo!

AS MULLERES E NENAS NA CIENCIA

Moi boas!

Desta volta o Clube de Ciencia recordou e conmemorou a esas mulleres e nenas que fixeron tanto polos avances científicos.

                  

 

O alumnado experimentou e aprendeu  cos seus descubrimentos e fazañas  dunha maneira moi amena!

 

 

Ata a próxima!