NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTODE ADMISIÓN
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
DO 1 DE MARZO AO 21 DE MARZO DE 2023
-
Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
-
Na secretaría do centro: ANEXO II
-
Na aplicación: admisiónalumnado
NOTA INFORMATIVA
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO
10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, en caso de que fora necesario baremar.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
Antes do 25 de abril de 2023 (no taboleiro interior do centro ou a través da aplicación
admisiónalumnado).
PRAZOS DE RECLAMACIÓN
Poderase formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
Antes do 15 de maio de 2023.
PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NO CENTRO EDUCATIVO CORRESPONDENTE
Do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2023.
CENTRO DE ADSCRICIÓN
IES ILLA DE TAMBO
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
A área de influencia do CEIPP da Laxe é:
Perímetro: Rúa Méndez Núñez, Rúa Concepción Arenal, Rúa República Argentina, Travesía República Argentina (rúa nova), Rúa Inferniño, Canellón Inferniño (canellón que vai por detrás do CEIP Plurilingüe da Laxe), Rúa República Argentina, Lugar de A Laxe, Rúa Arealonga (na súa bifurcación da zona alta), Rúa Arealonga, Rúa Pitanxo, Rúa José Trasande, Avda. Ourense, Rúa da Estrada (ata intersección con Rúa Méndez Núñez) Este perímetro inclúe ámbalas beirarrúas. Dentro deste perímetro atópanse, entre outras, a Rúa Inferniño dende a Rúa Cementerio Vello ata Camiño Cortiña e Camiño Cortiña. A maiores a zona de influencia abarca os seguintes tramos en ámbalas beirarrúas: 1) Canellón Matos “A” 2) Canellón Matos “B” 3) Canellón Matos “C” 4) Canellón Matos “D” Ademais, a área de influencia inclúe os lugares seguintes: Parroquia Lugar Marín (San Xián) Laxe, A.
Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia dos seguintes centros: - EEI O Grupo - CEIP de Sequelo-Marín - CEIP Plurilingüe do Carballal
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
COMEDOR E PLAN MADRUGA (xestionado polaANPA)