AXUDAS FONDOLIBROS CURSO 2022 - 2023
Publicouse no DOG do 18 de maio de 2022, a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23
As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
O prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022. |
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE:
- ANEXO I
- ANEXO II
- COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU CERTIFICADO OU VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOA SOCIAIS ACREDITANDO O NÚMERO DE MEMBROS COMPUTABLES)
- EN CASO DE SEPARACIÓN, A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR.
AQUELAS SITUACIÓNS QUE SE DEBAN ACREDITAR:
- CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE DO/A ALUMNO/A OU DE CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA.
- DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
- RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POSTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA.
- RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA.
O alumnado de 6ºEP que teña praza asignada noutro centro, deberá presentar a documentación nese centro.
Publicación da listaxe provisional: 23 de xuño de 2022.
Reclamación ás listaxes provisionais: 27-28de xuño de 2022.
Publicación da listaxe definitiva: 29 de xuño de 2020.
A entrega de vales será do 30 de xuño ao 5 de xullo