Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024 - 2025

 
 

RESERVA PRAZA IES ILLA DE TAMBO CURSO 2024 - 2025

 
 
 
 

RADIO ESCOLAR: 3ª MARABILLA DO MUNDO - BRASIL

Compartimos coa comunidade educativa, o programa de radio elaborado por alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de educación primaria que fixeron no contexto de radio.

 
 
 
 

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Compartimos coa comunidade educativa un novo programa de radio sobre os Dereitos dos nenos e nenas elaborado polos rapaces e rapazas voluntarios de Primaria.

Esperamos que vos guste.

 

 

 
 

RESERVA PRAZA CENTRO ADSCRITO CURSO 2024 - 2025

O alumnado de 6ºEP que vaia continuar os estudos no noso centro adscrito IES Illa de Tambo deberá facer a reserva de praza. 

Toda a información: premendo aquí

 

RECORDADE QUE A SOLICITUDE SERÁ ENTREGADA NA SECRETARÍA DO CENTRO.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS CURSO 2023-2024

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS CURSO 2023 - 2024

RECOMENDACIÓNS LECTURAS E XOGOS

AXUDAS FONDOLIBROS CURSO 2023 - 2024

 

Publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

 

 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

 

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE:

 

 -          ANEXO I

 

 

 -          ANEXO II

 

 

 -          COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (OU CERTIFICADO OU VOLANTE DE CONVIVENCIA OU INFORME DOS SERVIZOA SOCIAIS ACREDITANDO O NÚMERO DE MEMBROS COMPUTABLES)

 

            EN CASO DE SEPARACIÓN, A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR.

 

 

AQUELAS SITUACIÓNS QUE SE DEBAN ACREDITAR:

 

 -          CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE DO/A ALUMNO/A OU DE CALQUERA MEMBRO DA FAMILIA.

 

 

 -          DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

 

 -          RESOLUCIÓN XUDICIAL DE INCAPACITACIÓN CON PATRIA POSTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA.

 

 

 -          RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA OU XUDICIAL ACREDITATIVA DA SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO OU DO CERTIFICADO DO CENTRO DE MENORES, PARA O ALUMNADO EN                  SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA DA XUNTA DE GALICIA.

 

 

O alumnado de 6ºEP que teña praza asignada noutro centro, deberá presentar a documentación nese centro.

 

Publicación da listaxe provisional: antes do 12 de xullo de 2023.

 

Reclamación ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

 

Publicación da listaxe definitiva: antes do 26 de xullo de 2023.

 

A entrega de vales será do 4 ao 7 de setembro de 2023.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Distribuir contido


by Dr. Radut