Actividades, APA, Novas
Información: "Campaña sen deberes"
A XUNTA DIRECTIVA APA Parque de Belona pon en coñecemento de todos os seus socios A TÍTULO INFORMATIVO, detalles sobre a “Campaña sen Deberes” iniciada pola CONFAPA e a CEAPA: “NOVE RAZÓNS PARA A ELIMINACIÓN DOS DEBERES”.
Os arquivos adxuntos quedan a disposición das familias interesadas.
Informamos do DEBATE desta campaña que terá lugar o sábado 29 de outubro ás 11:00 da mañá no hotel NH ATLÁNTICO. Poderán asistir socios/as das APAS.
Aviso; os pais socios do APA que queran ir teñen que inscribirse
Xunto remitimos os documentos básicos da Campaña sen deberes
1. CIRCULAR AS ANPAS E FAMILIAS.
2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.
Por outra banda, aproveitamos a ocasión para lembrarvos que no correo anterior invitamos a todas e todos a unha charla co presidente da CEAPA, José Luis Pazos, (día 29 na Coruña), na que falaremos desta campaña e dos motivos de por en cuestión o actual modelo educativo que impede aos nosos fillos e fillas do tempo mínimo de lecer e de compartir cos amigos e a familia por mor duns deberes obrigatorios inxentes que furtan o seu dereito á formación integral como persoas con xornadas de traballo que chegan as 60 horas semanáis.
Cuestionamos ese modelo educativo e defendemos os dereitos dos nosos fillos e dos país e nais nun tempo que é o da familia e non a prolongación da aula.
Apertas,
Comidas del Trimestre en Curros Enriquez por Jardanay
Xa temos o menu e calendario de comidas para o proximo trimestre no noso comedor escolar.
Disfrutadeo!
Podes descargar este documento facendo click aqui
Información sobre actividades
Queridas familias,
rematado xa o prazo posto pola Federación Provincial de APAs para inscribirse nos programas Deporte no Centro, POE e Natación; a APA Parque de Belona alégrase de que nas seguintes actividades se acadaran o cupo de alumnos necesario para poder levalas a cabo.
As actividades nas que se formou grupo son:
- Prepatín
- Xogos rítmicos
- Baile Moderno
- Ximnasia rítmica
- Multideporte
- Natación
- POE DE LUNS A VENRES.
Mágoa que Patín, Xadrez e Xogos tradicionais non acadaran o número de alumnos esixido. Estamos a espera de confirmación pola Federación de APAS se permiten a súa realización con menor numero de alumnos. En canto saibamos a súa decisión comunicarémolo polas vías de costume (circular, web, cartaz na fiestra da oficina…).
Das actividades ofertadas pola APA só fallan uns poucos alumnos para acadar o número necesario en Fútbol e en Robótica de 5º e 6º EP. Animamos a que os inscribades, xa que ó ser dependentes da APA, e non da Federación, aínda podedes facelo.
NOVA ACTIVIDADE:
Tras a reunión coas familias do día 14, presentóusenos a demanda dunha actividade os martes de 16:00 a 17:00hs, con gran esforzo presentamos a actividade de
ARTES PLÁSTICAS:
Dirixida a Educación Primaria, desenrolarán múltiples e diferentes formas e técnicas artísticas onde o alumno descubrirá a sua propia capacidade creativa.
Precísase dun mínimo de 10 alumnos.
O día de comezo será o martes 11 de outubro.
Prezo: 12 €/mes
Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo para sacar adiante as actividades.
HORARIO DA APA
MARTES DE 9 a 10
MÉRCORES DE 16 a 17
Podes descargar esta circular facendo click aqui
Beca Comedor, Actividades e Novidades Importantes
Segundo informou a Federación Provincial de APAS o pasado venres día 16, os alumnos que acudan a DEPORTE NO CENTRO e sexan beneficiarios de Beca Comedor estarán exentos do pago da cota, como xa viña sucedendo en POE.
Debido a este cambio, aqueles beneficiarios de beca comedor que xa fixeran o pago pódense pasar pola oficina da APA para que lles sexa devolto o importe.
Así mesmo ampliamos o prazo de inscrición a actividades ata o día 21 en horario habitual da APA e o mércores día 21 de 9:00 a 10:00 hs.
Tamén aproveitamos para informarlles que estamos a traballar na oferta dunha nova actividade extraescolar, segundo o falado na reunión do día 14, para os martes de 16 a 17 hs. Daremos máis información en canto nos sexa posible.
É importante que os apuntedes no prazo indicado xa que a día de hoxe non hai cupo en casi ningunha actividade, e de non acadar o número de participantes no sairían adiante.
NOVIDADE: A actividade DE TEATRO amplía oferta de idade a Educación Infantil.
ROBÓTICA: o monitor achegounos o presuposto do material necesario:
-Robótica- pequenos (1º-4ºEP): 10 €/mes
-Robótica maiores (5º-6ºEP): De outubro a xaneiro non é necesario utilizar material (videxogos). De febreiro a maio (robótica) 15€/mes.
Moitas grazas pola súa colaboración.
HORARIO APA PARA CURSO 2016-17
MARTES DE 9 a 10
MÉRCORES DE 16 a 17
Podes descargar esta circular facendo click aqui
Actividades Extraescolares Curso 2016/2017 no centro Curros Enriquez
Estimadas familias, presentámoslles a proposta de actividades extraescolares deste curso.
PARA LEVARSE A CABO DEBEN ESTAR INSCRITOS MÍNIMO 10 ALUMNOS
DEPORTE NO CENTRO:
MINIDEPORTE |
De 3º a 6º de EP |
Luns e mércores |
16:00 a 17:00hs |
XADREZ |
De 3º a 6º de EP |
Luns e mércores |
16:00 a 17:00hs |
PATÍN |
De 3º a 6º de EP |
Luns e mércores |
|
PRE-PATÍN |
De 4º EI a 2º EP |
Luns e mércores |
16:00 a 17:00hs |
XIMNASIA RÍTMICA |
EP |
Luns e mércores |
17:00 a 18:00hs |
XOGOS TRADICIONAIS |
De 4º EI a 2º EP |
Luns e mércores |
17:00 a 18:00hs |
|
De 4º EI a 2º EP |
Martes e xoves |
16:00 a 17:00hs |
BAILE MODERNO |
De 3º a 6º de EP |
Martes e xoves |
17:00 a 18:00hs |
En dúas incricións, de outubro a decembro e de xaneiro a xuño.
Prezo de outubro a decembro:
1 fillo……………...13 € por cada actividade
2 fillos………..…..10,40€ por cada actividade e fillo
3 fillos…………..….9,10 € por cada actividade e fillo
Máis de 3 fillos….7,80€ por cada actividade e fillo.
NATACIÓN: Os mércores de 17.15hs a 18:00hs; para 3º e 4º EP (nas instalación do Clube do Mar).
Prezo: 53,47€/curso.
POE: En horario continuo non fraccionable de 16:00 a 18:00hs. De 4ºEI a 4º de EP.
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
Divertimates e pequeciencia |
Exprésate |
Escola de actores |
Experimentart |
Music and play |
Prezo por trimestre POE:
1 día…… 10€ 4 días…………25 €
2 días……15€ 5 días…………30€
3 días…….20€ Para os beneficiarios de beca comedor, esta actividade é gratuita.
TEATRO: Venres de16:00hs a 18:00hs. Dirixido a alumnos de primaria, cun prezo de 15€/ mes + pago único de 4.20 € por seguro.
JUDO: Martes e Xoves de 17:00 a 18:00hs. Para todo o alumnado do centro. 15 €/mes (o segundo irmán 10€); + pago único de Federación (importe pendente de ser especificado por dito organismo)
ÁBACO: coa empresa Aloha. Luns e mércores de 16:00 a 17:00hs . Prezo de 42 €/més. + matrícula para novos alumnos de 39´90€.
ROBOTICA: (novidade): Xoves. Dous grupos: de 1º a 4º EP de 16:00 a 17:00hs e de 5º a 6º de EP de 17:00hs a 18:00hs. Cun prezo de 25€ /mes + pago único de 4.20€ en concepto de seguro.
FÚTBOL: Martes e xoves de16:00a 17:00hspara EI e EP. Cun prezo de 15 € /mes + cuota por seguro de 4,20€
ESGRIMA: (novidade) Martes e xoves de 17:00 a 18:00 hs para EP , 24€ /mes + 4,20€ por seguro (pago único).
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 19 DE SETEMBRO.
HORARIO APA |
|
||
Luns 12 |
De 9:00 a 10:00 |
Xoves 15 |
De 9:00 a 10:00 e de 16:00 a 17:00 |
Martes 13 |
De 9:00 a 10:00 |
Venres 16 |
De 9:00 a 10:00 e de 16:00 a 17:00 |
Mércores 14 |
De 9:00 a 10:00 |
Luns 19 |
De 9:00 a 10:00 e de 16:00 a 17:00 |
CADRO COMPLETO DE ACTIVIDADES DO APA 2016/2017
Aqui podes descargar os tripticos facendo de Deporte no centro e Programa de Ocio educativo
Podes descargar o cadro de actividades facendo click aqui
Podes descargar esta circular premendo aqui
Proxecto "Coxegas" No Noso Centro
¿Que e o proxecto Coxegas?
O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias
para poder conciliar a vida familiar e laboral dende o primeiro día do curso escolar.
Este programa ofrece aos escolares a oportunidade de realizar xogos e deportes
así coma actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador
onde os nenos e nenas serán os propios protagonistas
mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas
de duración.
Ó remate destas 3 semanas, as familias poderán comprobar
o realizado no programa Cóxegas a través dunha actividade final.
¿Que Obxetivo ten?
Ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade
dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada
idade
Horario
Días: de luns a venres
Do 12 ao 30 de setembro
Horario: de 16 a 18 h.
PRECIO
10€
PODEN INSCRIBIRSE NO APA DO CENTRO
Documentos de Inscripcion e mais informacion:
Pode Descargar Documentos facendo click aqui
¡Comezamos o Curso 2016/2017!
¡Comienza el Curso 2016/2017!
Dende o APA "Parque de Belona" damos a benvida os novos pais e nais que entran na comunidade escolar, e queremos farvos participes das nosas actividades a traves da web.
A partir de ahora todo o que publiquemos xa será das actividades do novo curso 2016/2017.
Deixamos as antigas para que podades ver cousas dos outros anos dos vosos nenos e informacion relevante.
Moitas grazas e bo comenzo de curso!
Festa de Fin de Curso Curros Enriquez 2016
EL APA PARQUE DE BELONA QUIERE INVITAROS A CELEBRAR TODOS JUNTOS ESTE FINAL DE CURSO 2015-16.
EMPEZAREMOS LA TARDE CON LA REPRESENTACIÓN DE LA OBRA TEATRAL “LA BELLA DOROTEA” de Miguel Mihura
A CARGO DE “NOITE BOHEMIA GRUPO ABRENTE “
A LAS 16:30 hs EN EL SALÓN DE ACTOS DEL COLEGIO
TOTALMENTE GRATUITO HASTA COMPLETAR AFORO.
VENID A DISFRUTAR ESTE PRÓXIMO
17 DE JUNIO
17:30 hs: CONTINUAREMOS LA CELEBRACION HASTA LAS 20:00hs CON UNA FIESTA PARA TODOS LOS ALUMNOS DEL CENTRO.
ENTRADA POR LA PUERTA DE AVDA DE HÉRCULES
- SOCIOS: GRATIS
- NO SOCIOS: 3 EUROS POR ADULTO // 1 EURO POR NIÑO.
LOS MENORES DEBEN ESTAR ACOMPANADOS POR UN ADULTO
LA FIESTA ESTAÁ DIRIGIDA SOLO PARA MATRICULADOS EN EL CEIP CURROS ENRIQUEZ, SOCIOS DEL APA Y HERMANOS.
Puedes descargar este fichero haciendo click aqui
Enquisa de Uniformidad en Colexio Curros Enriquez
Enquisa Unidormidad Colexio Curros Enriquez
Estimadas familias,
A APA Parque de Belona quere agradecer a todas as familias que respostaron ao cuestionario proposto desde esta asociación sobre o uso do uniforme escolar.
Non se acadou a porcentaxe de participación necesaria para ter en conta o resultado da enquisa –apenas se chegou a un 54% do 75% que se precisaba; tampouco consideramos que exista unha vontade de implatación de uniforme, xa que dos cuestionarios respostados non se acadou o 75% de votos afirmativos.
Polo tanto, a APA Parque de Belona considera que non é viable a implantación do uniforme no vindeiro curso académico.
|
Moitas grazas pola vosa colaboración!
P
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »