Localización

SITUACIÓN DO CENTRO

 

 Neste plano pódese ver a situación do noso Centro, situado na zona de Monte Alto, tendo a fachada diante do Parque de Marte.

Teléfono: 881961090

fax: 881961095

e-mail: ceip.curros.corunha@edu.xunta.es

CALLEXEIRO 

   Esta é unha foto histórica do noso centro:

 

entorno 1

 

 

 ......... e do noso entorno:

 

entorno 2

 

 

AS NOSAS RAICES

O lugar que hoxe ocupa o noso Centro, anteriormente foi lugar de prácticas de Rexemento de Artillería e tamén estivo emprazada unha praza de touros de madeira no ano 1876.

O nome do lugar procede segundo algúns estudios das prácticas militares desenvolvidas na ladeira sur de Monte Alto.

Pouco despois da morte de Curros Enriquez, constitúese na nosa cidade unha comisión formada polo alcalde, representantes de Artesáns, Academia Galega e a Asociación da Prensa, có motivo de erguer no Campo Volante un monumento pedagóxico en memoria do poeta e que tivese complemento digno da súa labor educativa e que fora mestre da xuventude.

 

 

historia 1

 

  Corre o ano 1929. O Concello denomina ó chamado Campo Volante como Parque de Marte. Dna Emilia Pardo Bazán nas súas novelas, chamalle poéticamente Campo de Belona da cidade de Marineda. No mesmo ano a unha rúa limítrofe pónselle o nome de Curros Enriquez, en honor do insigne poeta. 

Na “La Gaceta” dábase conta no 6 de setembro de 1934, da inminente poxa das obras do grupo escolar “Curros Enriquez” por unha cantidade de 542.337,71 pesetas.

Ó inicio da Guerra Civil o edificio, ainda sen finalizar, foi empregado como Centro asistencial de feridos e posteriormente como Fábrica de Armas.

 

historia 2

 

 Ós 27 anos da súa construcción, o día 3 de novembro de 1963, celébrase a bendición do Colexio polo P. Carballo, asistindo o Inspector D. Victor Sáenz, o Concelleiro de Cultura Sr. Miguez Tapia, a Directora do centro Dña. Adela Mantiñan González, mestres e alumnos.A poboación escolar distribúese en 16 seccións e acada os 600 alumnos.

 O aumento de alumnos e unidades escolares continúa ata o curso 79-80 no que se achega a máis de 1400 alumnos, a cota máis alta, sendo director D. Manuel Figueirido Feal.

 

historia 3

 

 No ano 1980, o edificio do noso centro escolar, foi incluido no precatálogo do Patrimonio Histórico Artístico.

Coa construcción dos novos colexios da zona e o paso dos alumnos de 7º e 8º  ós Institutos, vaise a producir un lento pero continuo descenso de matrícula que se mantería ata o curso 96-97 no que se estabiliza en torno os douscentos escolares. Coinciden neste período os directores D. Luis Iglesias de Souza, Dña Purificación Taboada Sánchez, D. Jesús Grandio Rivas e desde o 2003, D. Xosé Ramón Mouriño Méndez.

Distribuir contido