Información: "Campaña sen deberes"
A XUNTA DIRECTIVA APA Parque de Belona pon en coñecemento de todos os seus socios A TÍTULO INFORMATIVO, detalles sobre a “Campaña sen Deberes” iniciada pola CONFAPA e a CEAPA: “NOVE RAZÓNS PARA A ELIMINACIÓN DOS DEBERES”.
Os arquivos adxuntos quedan a disposición das familias interesadas.
Informamos do DEBATE desta campaña que terá lugar o sábado 29 de outubro ás 11:00 da mañá no hotel NH ATLÁNTICO. Poderán asistir socios/as das APAS.
Aviso; os pais socios do APA que queran ir teñen que inscribirse
Xunto remitimos os documentos básicos da Campaña sen deberes
1. CIRCULAR AS ANPAS E FAMILIAS.
2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.
Por outra banda, aproveitamos a ocasión para lembrarvos que no correo anterior invitamos a todas e todos a unha charla co presidente da CEAPA, José Luis Pazos, (día 29 na Coruña), na que falaremos desta campaña e dos motivos de por en cuestión o actual modelo educativo que impede aos nosos fillos e fillas do tempo mínimo de lecer e de compartir cos amigos e a familia por mor duns deberes obrigatorios inxentes que furtan o seu dereito á formación integral como persoas con xornadas de traballo que chegan as 60 horas semanáis.
Cuestionamos ese modelo educativo e defendemos os dereitos dos nosos fillos e dos país e nais nun tempo que é o da familia e non a prolongación da aula.
Apertas,
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sin título.png | 364.81 KB |
9 RAZÓNS E PORQUÉS DA CAMPAÑA DOS DEBERES.pdf | 89.03 KB |
CIRCULAR ANPAS E FAMILIAS FINS DE SEMANA DE NOVEMBRO SIN DEBERES.pdf | 89.86 KB |
Comunicación ao docente do sucedido.doc | 16.5 KB |
Petición ao titor.doc | 14.5 KB |