Dinamización da Lingua Galega
Estamos de Noraboa!!
Enviado por Anónimo o Mér, 19/06/2024 - 11:21O noso podcast, as Ondas do Cruceiro, resultou gañador do concurso Crealingua polo episodio "Entrevista a Rosalía de Castro".
Moitas grazas a todo o alumnado que participou na súa elaboración, cunha mención especial a Sara, que puxo voz a Rosalía con moita ilusión, investigación e un pouquiño de imaxinación.
Podedes escoitar o podcast clicando na imaxe.
Feliz día das nosas letras!
Enviado por Anónimo o Ven, 17/05/2024 - 10:23O 17 de maio celébrase o día das letras galegas porque coincide coa data da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.
No cole, para celebralo, fixemos un festival onde recitamos diversos poemas da escritora a través dos nosos murmuradores de poemas. Tamén bailamos muiñeira e un baile clásico cun poema de Luisa Villalta de fondo. Finalizamos a celebración coa actuación do coro EnCanto interpretando o himno galego. Ademais todo o alumnado recibio unha chapa da nova mascota das Ondas do Cruciero.
Volven AS ONDAS DO CRUCEIRO
Enviado por Anónimo o Mér, 06/12/2023 - 11:39Xa estamos de volta nas Ondas do Cruceiro! Neste novo episodio o alumnado de 4º e 5º realizou unha entrevista a catro xogadores do equipo Basketmi, un equipo ferrolán de baloncesto en cadeira de rodas. Podedes escoitalo tanto en youtube como en spotify.
https://www.youtube.com/watch?v=JtbAtHOQmRQ
https://open.spotify.com/episode/150pQGHhg2p5NYBurDDS6E?si=9c705388a1c34...