Información xeral
FELIZ SEMANA DO LIBRO!!
Enviado por Anónimo o Dom, 21/04/2024 - 19:43Damos comezo á Semana do Libro e que mellor maneira que recibindo na biblioteca un agasallo moi especial: un exemplar do libro escrito polo noso alumno Xaime de 6* primaria.
Xaime acaba de publicar “O val dos seres mitolóxicos” e quixo que formase parte do noso fondo de libros, adicando e asinando este exemplar para que todo o alumnado e profesorado do CEIP Cruceiro de Canido poida desfrutalo.
Dende o Equipo de biblioteca e o colexio, queremos darlle as grazas a Xaime pola súa aportación, así como achegarlle os nosos parabéns por esta nova andaina no mundo da escritura.
Que orgullo para o noso cole e aínda máis para a nosa biblioteca.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!!
O Equipo de biblioteca.