INICIO

DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o vindeiro 20 de maio (luns) será NON LECTIVO no noso centro.

 

Dacordo co artigo 7, punto 2 da ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

5º e 6º DE PRIMARIA POLA DEFENSA DO PLANETA E CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O ​Xoves 11 de abril​ terá lugar na Praza Maior a partir das 12:15 H e ata as 13:30 un evento extraordinario organizado polo noso cole: ​

 

SING FOR THE CLIMATE .

● Cantaremos polo clima e o Planeta seguindo as pegada de Greta Thunberg, a nena sueca que dicidiu concienciar a especie humana da situacion catastrófica que vive a Terra pola actuación criminal e irresponsable desa mesma especie.

● Na clase se Inglés no CEIP O COUTO dicidimos  deixar de esperar, deixar de mirar, deixar de confiar nos outros  nos adultos ,nós poderosos, nós gobernos … e poñernos en marcha nós mesmos. Para concienciar, para animar, para esixir, para xunguir forzas , para loitar e dicidimos empezar CANTANDO.

● E para ser moitos na loita e gozar da emoción d loitar xuntos dicidimos convidar a outros coles da cidade. E ACEPTARON!!!

● E o xoves imos estar arredor de 500 rapaces e rapazas da cidade na Praza Maior cantando, expoñendo traballos, lendo e sobre todo berrando, facéndonos visibles, facendo visible a situación medioambiental e a irresponsabilidade e pouca cabeza do servizo humano sobre o Planeta. 

 

● ESTADES TODOS CONVIDADOS A CANTAR E REIVINDICAR CONNOSCO!!! 

 O ACTO DESENVOLVERASE EN ​GALEGO ​E EN ​INGLÉS. 

 

ENTROIDO 2019 - EDIFICIO "GRECO"

Celebramos o Entroido 2019 no Edificio "Greco" !!!

 

 

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as vacantes ofertadas neste centro, informamos que

TODAS AS SOLICITUDES foron ADMITIDAS  e teñen garantida a RESERVA DE PRAZA para o curso 2019-2020 xa que a demanda non superou á oferta e polo tanto non é necesario BAREMAR. 

 

Lembramos que o prazo de matrícula comezará o 20 de xuño de 2019.

 

NOVO TELÉFONO DO COLEXIO

Desde o 1 de marzo de 2019 temos novo número de teléfono no colexio.

 

988-783060

 

 

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

VACANTES CURSO 2019/2020

 

Cursos

Unidades

Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

4º Infantil

2

50

50

6

5º Infantil

2

50

10

0

6º Infantil

2

50

1

0

1º Primaria

2

50

6

6

2º Primaria

2

50

1

0

3º Primaria

2

50

3

0

4º Primaria

2

50

6

0

5º Primaria

2

50

3

0

6º Primaria

2

50

0

0

 

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2019/2020

 

Prazos
Do 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.

 

Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do CEIP O Couto para formalizar a solicitude de admisión:

1-  Solicitude - Anexo II. (A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión 

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM

LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate

 

Criterio complementario: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

 

 

Calendario:

 

Do 25 de marzo ao 5 de abril de 2019, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 21 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a  documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

 

24 de abril de 2019:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional ( dende o 25 de abril ao 2 de maio)

 

14 de maio de 2019:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Importante:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

 

Área de influencia do centro:

Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.

 

Servizos complementarios ofertados

Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es) Teléfono 615027076

 

 

MATRÍCULA: O prazo é do 20 de xuño ó 1 de xullo de 2019

 

RESERVA DE PRAZA NO I.E.S. "O COUTO"

Todo o alumnado do CEIP "O Couto" que solicitou praza no IES "O Couto" para o curso 2019-2020 ten confirmada dita solicitude de modo favorable.

O prazo de matrícula será do 25 de xuño de 2019 ao 10 de xullo de 2019.

Podedes comprobar o documento no seguinte enlace: confirmación de praza no IES O Couto.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro 22 de febreiro (de 18 horas a 20 horas) teremos a

Xornada de Portas Abertas no CEIP "O Couto". Vinde a visitarnos !

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2019

O 30 de xaneiro celebramos no CEIP "O Couto" unha Carreira Solidaria para conmemorar o Día Escolar pola Paz. 

 

Día da Paz 2019 by Slidely Slideshow

RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE ESO

 

Os alumnos matriculados neste curso 2018/2019 no CEIP O Couto en 6º de Primaria, que teñan previsto continuar os seus estudos de secundaria o próximo curso 2019/2020 no IES O Couto,

centro ao que estamos adscritos, teñen de prazo dende o 1 de febreiro ao 15 de febreiro de 2019 para presentar na secretaría do CEIP O Couto a súa solicitude.

 

Tamén é posible facelo online no seguinte enderezo web:

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930