ADMISIÓN CURSO 2019-2020
VACANTES CURSO 2019/2020
Cursos |
Unidades |
Postos escolares |
Vacantes ofertadas |
NEEAE |
4º Infantil |
2 |
50 |
50 |
6 |
5º Infantil |
2 |
50 |
10 |
0 |
6º Infantil |
2 |
50 |
1 |
0 |
1º Primaria |
2 |
50 |
6 |
6 |
2º Primaria |
2 |
50 |
1 |
0 |
3º Primaria |
2 |
50 |
3 |
0 |
4º Primaria |
2 |
50 |
6 |
0 |
5º Primaria |
2 |
50 |
3 |
0 |
6º Primaria |
2 |
50 |
0 |
0 |
CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2019/2020
Prazos
Do 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.
Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do CEIP O Couto para formalizar a solicitude de admisión:
1- Solicitude - Anexo II. (A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión
2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta) (A. 16.1)
3- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).
4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.
IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM
LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate
Criterio complementario: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.
Calendario:
Do 25 de marzo ao 5 de abril de 2019, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):
O 21 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.
As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).
24 de abril de 2019:
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).
A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional ( dende o 25 de abril ao 2 de maio)
14 de maio de 2019:
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .
Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Importante:
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.
Área de influencia do centro:
Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.
Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.
Servizos complementarios ofertados
Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es) Teléfono 615027076
MATRÍCULA: O prazo é do 20 de xuño ó 1 de xullo de 2019