Xa vos amosamos o que acontece en Infantil, queredes saber agora o que estaba a suceder en Primaria? Pois sabede que os mestres e mestras do centro estivemos a facer un "estudo-segredo"
durante o mes de decembro para contabilizar o consumo de froita durante as merendas do cole. Algúns alumnos e alumnas decatáronse de que algo acontecía, pois iso de que os titores e titoras preguntasen polas merendas de xeito tan insistente era un pouco sospeitoso... pois ben, aquí temos os resultados das nosas investigacións!
![](/centros/ceipcoutadabeade/?q=system/files/u18/consumo.aula_.png)
A partires desta contabilización poidemos establecer a porcentaxe media do consumo de froita de cada aula durante o mes de decembro, aquí vos amosamos os resultados:
![](/centros/ceipcoutadabeade/?q=system/files/u18/porcentaxe.media_.png)
Como podedes ver, a aula de 5ºB foi a máis saudable en canto a merendas se refire! Pero isto non ten porqué seguir sendo así...
ATENTOS E ATENTAS!!! Queredes participar neste RETO???
Este curso propoñémosvos participar nunha proba na que pretendemos atopar A AULA MÁIS SAUDABLE. Para participar só teredes que encher as vosas merendas de froita e ir cubrindo as táboas coa axuda dos vosos titores e titoras. A clase que máis froita merendase ao rematar cada semana, obterá un recoñecemento especial. Ademáis, ao finalizar o curso, outorgaremos os debidos premios a aquelas aulas máis participativas ![Guiño Guiño](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoutadabeade/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-wink.gif)
Veña, que comer froita vaise converter agora nun divertido xogo. COMEZAMOS!