Estimadas familias,
do 20 ao 30 de xuño queda aberto o prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso 22-23.
Este trámite soamente o realizarán as familias do novo alumnado de Ed. Infantil e Ed.Primaria.
Documentación que deberán entregar no centro:
-3 fotos tamaño carnet.
-Fotocopia do DNI do pai, nai ou titores legais así como do alumno/a de ser o caso de telo.
-Fotocopia do Libro de familia.
-Anexo III da Orde de Admisión de alumnado do 2013, se non o poden descargar facilitarémosllo no centro.
-Sentencia de divorcio se é o caso.
-Información dalgunha patoloxía do alumno/a de tela.
-Fotocopia da Cartilla de Vacunación.
-Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
O horario de recollida será de 13:15-14:00 horas desde o día 20 ata o 22 de xuño.
De 10:00-13:30 horas do 23 ao 30 de xuño.
Un saúdo o Equipo Directivo.