Skip to Content

SOLICITUDE E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

ORDE DO 28 DE OUTUBRO DO 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.(código de procedemento ED330E).

 PRAZO DE PRESENTACIÓN:  15/11/21 - 26/11/21

 ALUMNADO DESTINATARIO:

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (ESTE ALUMNADO NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, XA É BENEFICIARIO DA ENTREGA DE MÁSCARAS)

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, perocumplan o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (ESTE ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, QUE SE ENTREGA NO CENTRO OU DESCARGAR NA LIGAZÓN ANTERIOR).

Actividades na "Cociña Larpeira"

     Durante o presente curso estase a levar a cabo uns obradoiros de cociña, onde pretendemos concienciar ao alumnado sobre aspectos relacionados coa alimentación, a saúde e a sustentabilidade. Así, emprendemos un novo desafío para o centro, deseñando actividades motivadoras, eminentemente prácticas e sobre todo lúdicas.

     Polo de agora, os rapaces e rapazas do centro elaboraron simpáticos postres con froitas para conmemorar a festa so SAMAÍN, cociñaron unha empanada, como receita de aproveitamento, e coñeceron unha maneira distinta e saudable de almorzar.

     Tedes uns exemplos a continuación.

Saúdos.

 

INFORMACIÓN SOBRE PROCESO RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR.

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut