PLAN PROXECTA: Hixiene persoal e alimentaria.
E xa que isto vai de alimentación e vida saudable, teremos que comezar polo primeiro paso: A HIXIENE.
Sabemos que é moi importante manter uns correctos hábitos de hixiene, tanto cos propios alimentos, como coas nosas propias mans para que xermes e bacterias non teñan acceso ao noso corpo e evitar así a aparición de enfermidades ou intoxicacións.
Por iso, no inicio deste proxecto tentaremos dende as aulas facer fincapé na importancia do lavado de mans e no mellor xeito de facelo. E vós, sabedes lavar ben as mans?
Aquí vos deixamos uns vídeos ao respecto:
Por qué debemos lavar as mans antes de comer?
Todo se aprende mellor coa axuda dunha canción!
E se, ademais, lle poñemos un pouco de humor... mellor que mellor! Que nos dicides desta oda aos MICROBIOS?