OS MAIOS
Un ano máis celebramos o Maio no noso centro, para recuperar esta festa que foi esmorecendo co paso dos anos.
Os rapaces e as rapazas de 6º e 5º encargáronse do fiúncho, 4º e 3º dos ovos e as flores máis grandeiras e 2º, 1º e Infantil, de facer preciosos colares de pampillos e margaridas.
O venres celebramos a festa cunha cantiga adicada á primavera e un baile arredor do Maio.