TDA-H. INTERVENCIÓN EDUCATIVA


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas á colaboración da Asociación de Nenos con Déficit de Atención

con/sin Hiperactividade ANHIDACORUÑA, todo o profesorado do noso

centro realizou unha actividade de formación sobre o TDA-H e a

intervención educativa. A Neuropsicóloga Ana Fátima Gómez e a Psicopedagoga

Lidia Gómez axudáronnos a coñecer as características do transtorno e as súas 

implicacións na aula, no centro, no propio alumnado e na súa familia. O noso

agradecemento a Pilar Castiñeira, presidenta de ANHIDACORUÑA e a Alejandra

Villanueva, nai do noso centro ecolaboradora damesma asociación.

INICIO DE CURSO

Inicio de curso: 11 de setembro.

Horario: O habitual, de 8.45 a 1.45

Periodo de adaptación de 4º de infantil: Do 11 ao 20 de setembro.

Reunión de pais/nais de infantil: 6 de setembro ás 11 horas.

Reunións de primaria: Serán convocadas unha vez empezadas as clases.


INMERSIÓN LINGÜÍSTICA INGLÉS OUTONO 2013

Xa sabedes que solicitamos un campamento de inmersión en inglés para o curso que ven para o alumnado de 6º e saíu a resolución onte no BOE e NON TIVEMOS SORTE!!! Quedamos de cuartos en reserva, pero non está todo perdido, se tivéramos algún cambio vos informaríamos... OUTRO ANO SERÁ, SEGUIREMOS INTENTÁNDOO! BO VERÁN!

Relación de centros seleccionados en primaria

MATRÍCULA 2013-2014

matricula

 

Do 20 ao 30 de xuño.

Para alumnado de nova incorporación.

Lista de alumnado admitido e documentación necesaria.

Infórmese...  AQUÍempty

BATUKADA NO COUCEIRO

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA CON MOITO RITMO...

VISITÁRONNOS OS FENÓMENOS COA SÚA BATUKADA


Un pequeno vídeo AQUÍ.

E,como sempre, máis información en CELECOFRE


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves, día 16, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas deste ano 2013 que  foi adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa celebración o alumnado de sexto fixo un orixinal repaso pola súa biografía. Como xa ven sendo habitual, tivemos a fase final do noso "V Certame de Poesía". O alumnado de quinto fixo unha gran interpretación do himno de Galicia coas frautas e todos xuntos bailamos a canción "Meu o mundo é". Para rematar a xornada bailamos a ritmo de gaitas e pandeiretas con "Os Fenómenos".Menuda festa!

MAIOS 2013

Celebramos estes días os maios no colexio. Preparamos os maios e as cantigas e este ano, coma novidade, convidamos os pais-nais do alumnado a participar na súa elaboración...A celebración no cole tivo que ser nos corredores, po mor da choiva, pero onte na vila foi todo un éxito de participación.Quedamos primeiros en cantigas e cuartos en maios cun maio realizado polo alumnado do terceiro ciclo. NORABOA!!!!

MAIOS 2013

Distribuir contido