LETRAS GALEGAS 2014
O pasado venres celebramos no cole o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xosé María Díaz Castro. Aproveitamos a conmemoración para presentar os libros viaxeiros elaborados conxuntamente durante o 1º trimestre e tamén tivo lugar a final do VI certame de poesía Couceiro Freijomil. Noraboa a todos!!! E para rematar a xornada gozamos da música de Los Fenómenos!!! Moitas grazas a todos por animar a festa!! |
MAIOS 2014
Onte celebramos Os Maios e, un ano mais, o noso colexio encheuse de cores e moito traballo. Queremos agradecer a grandiosa colaboración das familias neste evento, DISFRUTADE DO FERMOSO QUE QUEDOU TODO!!!...
|
Antonio Manuel Fraga no Couceiro
HOXE RECIBIMOS NO NOSO COLE A ANTONIO MANUEL FRAGA, PREMIO MERLíN DE LITERATURA INFANTIL 2013.
Veu ao CLUB DE LECTURA do alumnado de cuarto e quinto de primaria na compaña da súa obra "XILDAS". Xa o pasado 2 de abril, coincidindo co DÍA DO LIBRO INFANTIL, viñera co seu libro "O CASTAÑEIRO DE ABRIL", libro de narrativa traballado polo alumnado de sexto de primaria no CLUB DE LECTURA. Foi unha visita chea de emocións e vellos recordos.
|
Voluntariado de lectura-A
O noso colexio foi, xunto cos CEIPs Nicolás del Río de Cedeira, José María Lage de Ortigueira e A Fraga de As Pontes, un dos catro centros seleccionados pola Consellería de Educación para o programa "Voluntariado de Lectura-A". O alumnado voluntario, entre outras actividades, está organizando e catalogando libros, escribindo noticias e programando actividades de lectura compartida. |
NAVEGA CON RUMBO
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou no CEIP Couceiro Freijomil o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención é que se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ.
O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS, COMO TODOS OS ANOS NO COLEXIO, O DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA CON VARIOS ACTOS PROGRAMADOS.
ESTE ANO CONTAMOS COA COMPAÑÍA LEDA TEATRO QUE REPRESENTOU NO NOSO CENTRO A OBRA "A SÚA VIDA".
CELEBRACIÓN
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- seguinte ›
- última »