DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado xoves, día 16, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas deste ano 2013 que foi adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa celebración o alumnado de sexto fixo un orixinal repaso pola súa biografía. Como xa ven sendo habitual, tivemos a fase final do noso "V Certame de Poesía". O alumnado de quinto fixo unha gran interpretación do himno de Galicia coas frautas e todos xuntos bailamos a canción "Meu o mundo é". Para rematar a xornada bailamos a ritmo de gaitas e pandeiretas con "Os Fenómenos".Menuda festa!
»