Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Horarios para a entrada escalonada o día 9 de setembro

Horarios para a entrada escalonada do día 9

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

6°.  9:00

5º.  9:15

4º.  9:30

3º.  9:45

2º.  10:00

1º.  10:15

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

6°E.I. (5 ANOS) 10:30

5°E.I (4 ANOS). 10:45

4°E.I (3 ANOS)  11:00

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2021-2022

 

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1554

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Listado de Libros para o curso 2021-22

No arquivo adxunto aparece o listado de Libros para o curso 2021-22

SOLICITUDES PRAZAS COMEDOR ESCOLAR 2021-22

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2021-22. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día    renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

TROITA XL

Xa está aquí unha nova edición da revista TROITA, pero esta non é unha calquera, é a edición número 40!!! Dende a coordinación da revista queremos agradecer a colaboración de alumnado e profesorado para que un ano máis poidamos seguir publicando algo tan noso.

Agardamos que vos guste!!!

Fin de Curso

Os días 28 e 29 de xuño, os pais/nais do alumnado de  6º nivel, desde as 10:00 ata as 13:30  horas,  recollerán  no Centro o Historial académico dos seus fillos e fillas.

Os Vales para compra de material que foran concedidos e os vales para a compra dos libros de 1º e 2º entregaranse  dende o 5  ata o 13 de xullo.

O día 10 de xullo publicarase a resolución provisional da asignación de libros de texto, do fondo de libros,  para o alumnado  que cursará 3º a 6º de Educación Primaria no vindeiro curso  2021/22. O día 15 de xullo será a resolución definitiva. Os libros asignados pola Consellería  entregarémosllos ao alumnado nos primeiros días de setembro.

Lembrámoslles que para ter dereito aos libros do fondo, deberá ter devoltos todos os libros do curso actual.

O curso escolar 2021/2022 comezará  para todo o alumnado o día  9 de setembro e rematará o 22 de xuño do 2022

A dirección e o Claustro do profesorado do CEIP Manuel Cordo Boullosa quérevos agradecer o voso esforzo e colaboración para o desenvolvemento deste curso tan complicado debido a situación excepcional vivida a causa da Pandemia.

Un saúdo e bo verán.

Ponte Caldelas, 23 de xuño  de 202

Axuda para a compra e presatamo de libros para o curso 2021-22

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto

 

Axudas á compra para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

a)   

Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

Listado definitivo de Admitidos para o curso 2021-22

Está publicada no centro a listaxe definitva de admitidos en 4º de Educación Infantil.

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión dentro do prazo establecido obtén praza no centro.

Os que presentaron solicitide para os outros cursos de Infantil e Primaria tamén foron admitidos.

Luns 3 de maio non lectivo

Lembrade que o vindeiro luns 3 de maio non hai clases en todos os centros de primaria e secundaria do concello.

saúdos

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro