Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Blogues

BOLSAS NEAE 2024-2025

Lembrade que o prazo para entregar as solicitudes de bolsa deste curso 2024-2025 no colexio remata o 13/09/2024.

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio, xunto coa documentación que se pida (copia dos DNI, certificado de discapacidad, documentación bancaria, memorias dos gabinetes...).

LISTAXES FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Informamos de que xa está publicada a listaxe PROVISIONAL do fondo de libros (podedes pasar polo centro ou chamar para informarvos), a DEFINITIVA publicarase o venres polo que poderedes pasar polo centro a recoller os vales a partir do luns 8 en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Un saúdo.

NOVO NÚMERO DA REVISTA TROITA

Un ano máis queremos compartir con toda a comunidade educativa un anaquiño do noso traballo neste curso 23/24 que llega ao seu fin.

 

Aquí tedes un novo número da nosa TROITA!!!!!

Agardamos que vos guste e que nela vexades o agarimo co que mestrxs e nenxs traballamos.

 

 

COMEDOR ESCOLAR

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25:

Estimadas familias, ÁBRESE o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 24/25.

Segundo a INSTRUCIÓN 2/2024 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025, o uso do comedor escolar suporá un aboamento de certas tarifas, estas establécense en función da renda per cápita das unidades familiares. Para facer o cálculo tedes toda a información na solicitude, os datos fiscais que hai que xustificar son os da declaración da Renda do ano 2023.

A consellería de educación establece para este curso 24/25 un total de 78 prazas para o noso comedor escolar.

É moi importante que o alumnado que xa fai uso do comedor entregue a solicitude para a renovación da praza, o non entregala suporá a perda de dita praza.

Podedes recoller a solicitude no centro ou descargala no enlace e poderedes entregala no centro ou enviala por correo electrónico ao seguinte enderezo:

ceip.cordo.boullosa@edu.xunta.gal

O prazo de entrega será dende hoxe ata o MÉRCORES 10 de xullo.

Lembrade ler ben os datos recollidos na instrución á que podedes acceder no seguinte enlace

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

Bos días!!

Informamos de que xa está publicada a CONVOCATORIA do fondo solidario de libros de texto para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar.

         ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes remata o DÍA 21 DE XUÑO. As solicitudes fóra de prazo perderán o dereito de participar neste programa.

 

DOCUMENTACIÓN:

    Solicitude e Anexo II (pódense descargar no seguinte enlace, documento so para descarga non intentar cubrir en liña).

https://drive.google.com/file/d/1_gYOqXWuuCb-3ruHriGt3S3mfsNGVk2d/view?usp=drive_link

         FOTOCOPIA do libro de familia onde figure a alumna ou alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Bos días, informamos de que todo o alumnado que realizou o proceso de admisión dentro do prazo ordinario establecido (do 1 ao 20 de marzo), está admitido. A listaxe do alumnado está publicada no centro.

Antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

Un saúdo.

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

4º Educación Infantil 2   Grupos   40 vacantes  (6 NEE)

5º Educación Infantil 1   Grupo     6 vacante

6º Educación Infantil 1   Grupo   0 vacantes

 

1º Educación primaria 2   Grupos   6 vacantes  (6 NEE)

2º Educación primaria 2   Grupos   0 vacantes

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25

O prazo para a entrega das solicitudes será dende o 1 ao 20 de marzo.

Nos arquivos adxuntos podedes descargar a instancia (en galego ou en castelán) e o Anexo II-bis, tamén podedes pasar pola secretaría do cole a recollelos.

Pódese entregar no centro ou facelo a través da sede electrónica (coa chave 365 ou con certificado dixital).

Xunto coa instancia será necesario entregar fotocopia do libro de familia (ou fotocopia do DNI do alumn@ e dos proxenitores) e de ser o caso a resolución xudicial de separación ou divorcio. No caso de alumnado que solicita praza nun curso que non sexa 4º E.I, deberá presentar tamén a certificación de matrícula do centro actual.

A listaxe provisional publicarase antes do 25 de abril, a continuación haberá 5 días hábiles para reclamacións e antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

Distribuir contido

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro