Inicio de sesion
Blogues
Admisión de Alumnado
Enviado por admin o Xov, 22/04/2021 - 05:04Está publicada no centro a listaxe provisional de admitidos en 4º de Educación Infantil.
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión dentro do prazo establecido obtén praza no centro.
Abalar Mobil
Enviado por admin o Mar, 13/04/2021 - 04:18Dende o colexio comunicamos que nestes días cambiaremos a aplicación de mensaxería, abandonando o uso da aplicación "TokApp School", para utilizar a aplicación "Abalar Móbil" que ofrece a Consellería de Educación. Aquí abaixo tedes un pequeno vídeo coas instrucións para descargar e instalar esta aplicación.
Con esta aplicación poderedes recibir mensaxes e notificacións do centro e mesmo consultar as notas dos vosos fillos e fillas cando estean publicadas.
Aberto o prazo de Admisión
Enviado por admin o Lun, 01/03/2021 - 04:42Presentación de solicitudes para alumado de novo ingreso ou que cambian de centro.
Prazo: do 1 ao 22 de marzo
Os impresos pódense descargar no anexo adxunto.
Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
A solicitude terá que ser asinada por calquera d@s titulares da patria potestade ou reprentantes legais do alumnado.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinaturade ámbolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuida, con carácter exclusivo a un deles. Nestes casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.
Cada solicitante só poderá presentar unha única solicitude no centro
TITORIAIS DA AULA VIRTUAL
Enviado por admin o Mar, 08/12/2020 - 12:32Aquí vos deixamos algúns titoriais para o uso da aula virtual:
ALUMNADO MENSAXERÍA NA AULA VIRTUAL
https://www.youtube.com/watch?v=jRTpxEH60u0&feature=youtu.be
ALUMNADO RESPONDER A UNHA PROBA
https://www.youtube.com/watch?v=K4w202EfQTc&feature=youtu.be
ALUMNADO PERFIL E CUALIFICACIÓNS
https://www.youtube.com/watch?v=gjGh_12BSXM&feature=youtu.be
EDITOR DE TEXTO
https://www.youtube.com/watch?v=tdAThXSbKWg&feature=youtu.be
ALUMNADO ENTREGAR TAREFA EN PDF
https://www.youtube.com/watch?v=353p4uW-thw&feature=youtu.be
Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria
Enviado por admin o Mar, 17/11/2020 - 05:53Alumnado Destinatario:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Plan adaptación ao contexto COVID
Enviado por admin o Xov, 10/09/2020 - 03:29
Horarios para a entrada escalonada dos días 10 e 11
Enviado por admin o Lun, 07/09/2020 - 10:13DIA 10
- 3°A. 9:15
- 3°B. 9:30
- 2°A. 9:45
- 2°B. 10:00
- 1°B. 10:15
- 5°E.I A. 10:30
- 5°E.I B. 10:45
- 4°E.I 11:00
DÍA 11
- 1°A. 9:15
- 6°A. 9:30
- 6°B. 9:45
- 5°A. 10:00
- 5°B. 10:15
- 4°. 10:30
- 6°E.I. 11:00
Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2020-2021
Enviado por admin o Lun, 17/08/2020 - 13:45O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399
Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)
En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole a partir do día 1 de setembro, onde tentaremos axudarvos no que sexa posible
LISTADO LIBROS DE TEXTO
Enviado por admin o Ven, 03/07/2020 - 11:42XA PODEDES CONSULTAR O LISTADO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 20/21.
PINCHADE NO DOCUMENTO ADXUNTO PARA PODER VELO.
VALES DE MATERIAL E LIBROS
Enviado por admin o Ven, 03/07/2020 - 07:35A partires do luns 6 de xullo xa se poden recoller no colexio os vales de libros e material.
O horario de entrega é de 10:00 a 13:00 horas
Para calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 15 14 98
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »