Blogues

Limpeza da praia

O alumnado de 3º e 4º de primaria, fixeron unha recollida de lixo da praia de Bastiagueiro e acabaron disfrutando dun paseo pola ruta que comunica Bastiagueiro con Santa Cruz.

 

Promoción de práctica deportiva

Durante este curso foron varias as disciplinas deportivas que coñecemos, neste video podemos recordar a de fútbol gaélico e judo.

Aprendemos xogando con Chafarís

Durante un mes tivemos en préstamo un lote xogos que empregamos nas aulas e que motivaron moito ao noso alumnado. Agradecer a proposta de préstamo a Chafarís Compostela.

RUTA DE PRAZA FORTE

Nesta ocasión, a quenda de coñecer algo máis de historia da nosa cidade, foi para o alumnado de 6º de primaria.

Visita de Érica Esmorís

Esta semana recibimos a visita de Érica Esmorís, escritora de varios libros que o noso alumnado de 4º de primaria leron neste ciclo.

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano celebramos as Letras Galegas cun improvisado festival no que contamos coa actuación de Jesús Suárez interpretando "1906", un himno ao Deportivo.

FONDO LIBROS 24/25

Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024

 

STOP ACCIDENTES

Esta semana contamos coa visita dos monitores de Stop accidentes que trataron co alumnado de 1º e 2º a importacia de prestar atención e prever accidentes en beneficio dunha mobilidade segura, sostible e saudable.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Dende Save the children queren trasladar o seu agradecemento ao profesorado, ao alumnado e as familias do noso centro pola participación no proxecto Marcapáxinas solidadario, implicación e aportacións en forma de doazón económica para que se poda seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que os nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.

SEMANA DO LIBRO

Durante a semana pasada foron varias as actividades que se levaron a cabo en relación a conmemoración do día do libro, celebrado o martes 23 de abril. Neste video podemos ver os traballos de "Lerflix" así como a exposición que fixemos das fotos que remitiron as familias para o noso mural Lemos un conto?. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación nesta iniciativa da Biblioteca do centro.

 

Distribuir contido