Blogues
2 DE MAIO: Dia Internacional contra o acoso escolar.
Enviado por admin o Lun, 05/08/2023 - 15:32Contra o acoso...fala agarimoso!!
Retrato de mulleres artistas, formas e cores
Enviado por admin o Mar, 05/02/2023 - 09:13A semana pasada, o alumnado de 5º de primaria asistiu a clausura dos Talleres Retratos de mulleres artistas, formas e cores que se desenvolveron en marzo no marco das actividades do 8M, Día Internacional da muller.
Sistema Lupo
Enviado por admin o Xov, 04/27/2023 - 12:35Durante este curso, o profesordo do centro contou cunha pequena formación en LUPO e, coas pezas proporcionadas polo Centro de formación e recursos de A Coruña, aplicamos na aula o método con fantásticos resultados.
Obradoiro Braille
Enviado por admin o Mar, 04/25/2023 - 12:56O alumnado de 3º recibiu unha sesión na que coñeceron o alfabeto Braille e practicaron a escritura na máquina Perkins.
Castro de Elviña
Enviado por admin o Lun, 04/24/2023 - 11:57O alumnado de 4º de primaria visitou este famoso poblado protohistórico situado en Elviña.
Deporte adaptado
Enviado por admin o Lun, 04/24/2023 - 10:22Da man de ENKI, o alumnado de 6º coñeceu as posibilidades que ofrece o deporte adaptado de modo que todos e todas podamos practicar calquera tipo de deporte favorecendo a inclusión da diversidade a través do deporte.
Monte de San Pedro
Enviado por admin o Lun, 04/24/2023 - 10:05Nesta ocasión, o alumnado de 2º de primaria, despois da visita das monitoras que impartiron nas aulas unha charla sobre educación ambiental, visitaron o Monte de San Pedro para coñecer, entre outras cousas, o ecosistema dese entorno natural. O programa Vexo, vexo sobre Educación ambiental ten como obxectivo a sensibilización polo coidado da contorna.
Digocho eu¡¡¡¡
Enviado por admin o Mér, 04/19/2023 - 10:00Xa temos o resultado do video no que explicamos os sinónimos do "saltar" para o Digocho eu¡¡¡¡
Podedes velo premendo no enlace.
Visita a estación meteorolóxica de Santa Margarita
Enviado por admin o Mér, 04/19/2023 - 09:57Dentro do programa de educación ambiental do Concello, o alumnado de 3º de primaria coñeceu a estación meteorolóxica de Santa Maragarita e o seu entorno.
A ruta da auga
Enviado por admin o Ven, 04/14/2023 - 11:44O alumnado de 5º fixo unha saída á planta potibilizadora da Telva. Esta saída foi o punto final dunha serie de actividades de educacion ambiental que o alumnado de 5º e 6º levou a cabo dende o proxecto A ruta da auga. Ambos niveis recibiron unha sesión de formación na aula e fixeron unha saída a planta potibilizadora de A Telva e unha pequena ruta polo río Mero. Recoñecer a nosa implicación e responsabilidade no uso da auga foi o obxectivo central desta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »