Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.
do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
♦ Forma de presentación de solicitudes:
• Electrónica: utilice a aplicación fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
• Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
• Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
XUNTO COS ANEXOS I E II DEBERÁ PRESENTAR LIBRO DE FAMILIA ou documentación equivalente onde figure o alumno/a e demais membros computables da unidade familiar e, en caso de separación ou divorcio SENTENZA XUDICIAL E/OIU CONVENIO REGULADOR.