Skip to Content

SELO DE VIDA SAUDABLE

O colexio recibiu o Distintivo de Calidade de Centros Docentes "Selo de Vida Saudable 2024" que outorga o Ministerio de Educación , Formación Profesional e Deportes a aqueles centros educativos que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a posta en marcha de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado. 

Entre as iniciativas destacadas do noso centro atopamos, entrce outras, dinámicas para aumentar o consumo de froita entre o alumnado; espertares máxicos; descansos activos; carné saudable; mochila sa e segura; almorzos saudables, etc. 

A concesión deste Selo é unha motivación para continuar desenvolvendo e mellorando as prácticas que aseguren un futuro máis saudable. Moitas grazas ao profesorado, familias, e, por suposto, alumnado, por participar e axudar á promoción dunha vida saudable.



blog | by Dr. Radut