Skip to Content

Novas

INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES

Benqueridas familias, 

 

Informámosvos de que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores estará aberto do día 10 ao 30 de agosto.Como xa se fixo nos últimos anos, realizarase a través da web de Jardanay (https://jardanaycomedores.es/) cos seguintes identificadores:

 

 

Usuario: cidadevella 

 

Contrasinal: comedores2022

 

 

Lembramos que  para poder utilizar estes servizos é IMPRESCINDIBLE: 

 

 - Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende a páxina web da propia Asociación (https://anpaherrerias.blogspot.com/p/inscripcion.html).

 

- Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.

 

- Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).

 

BECAS COMEDOR

Lembramos a tódalas familias que teñan solicitado a beca comedor para o presente curso que poden consultar se foron admitidos nas listas predefinitivas no seguinte enlace:
https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsa-comedor-2020-2021-publicacion-da-listaxe-provisional-de-persoas-beneficiarias-e-puntuacion/suceso/1453745748498?fbclid=IwAR1QITUyHZkcPMY3bAo0IvPlGKBKzYTy4nT3E1turnp5PnwLRBI2ga6b6vs

Lembramos ademais que debido á actual situación sanitaria é probable que non tódolos alumnos/as que o soliciten poidan ser usuarios de xeito presencial nin comezar a facer uso do servizo de maneira inmediata. Aínda que sempre poderán optar polo servizo de “jardanay na casa” estanto así por tanto cubertas as necesidades dos nenos e nenas becados/as.

Reunión familias nenos e nenas de 3 anos

Convócase a unha reunión ás familias dos alumnos de 3 anos o vindeiro xoves 5 de setembro as 10 horas .

Becas comedor curso 2016-17

 

 

Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícase no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsas do Concello da Coruña para o curso 2016-17.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizares preferentemente nos Rexistro municipais.

Deben presentarse os Anexos 1 e 2 , debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. . A información e os impresos pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 e nos centros cívicos municipais.

Convocatoria boslas comedor 2016-2017.

Anexo 1

Anexo 2

 

Admisión alumnos curso 2014-15

Prazo de presentación de solicitude de admisión para o vindeiro curso do 1 ao 20 de marzo.

Información e descarga de documentos no apartado de Secretaría. Novas matrículas.

Eleccións ao Consello Escolar

Candidatas elixidas na votación de pais/nais do día 26 de novembro para o Consello Escolar:

  • Galán Pérez, Mónica.
  • Garrido López, Esther.
  • Iglesias Pais, Margarita.

Convocadas axudas comedor curso 2012-13

No BOP do 23 de abril o Concello publica axudas para o comedor para o curso 2012-13.

O prazo para solicitar ditas axudas é dende o 24 de abril ao 11 de maio.

Para máis información pincha aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut