Skip to Content

Actividades

CAMPAMENTOS URBANOS NOS CENTROS CÍVICOS

OBRADOIROS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE

Benqueridas familias,

Grazas ao traballo voluntario da Anpa Herrerías e á subvención recibida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia (DOG. Núm. 108, do 8 de xuño de 2023), a comunidade educativa do CEIP Cidade Vella será beneficiaria dos obradoiros de promoción da igualdade.

Estas son as actividades programadas:

  • PARA O ALUMNADO (en horario lectivo).

13 de novembro. Educación Infantil. CONTACONTOS: “Príncipas e princesos”. Pablísimo contará a historia de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos.

OBRADOIRO MEDRANDO EN IGUALDADE

Benqueridas familias: 

  

O próximo mércores, día 9, no Centro Cívico Cidade Vella, a partir das 16:30 h. terá lugar o obradoiro para familias dentro do proxecto Medrando en Igualdade 2, organizado un ano máis pola ANPA Herrerías. 

 

A través desta actividade ofrécese unha oportunidade perfecta para analizar a contorna na que educamos aos nosos fillos e fillas e identificar os estereotipos presentes na nosa sociedade, sempre desde a perspectiva da educación emocional. 

 

Como apuntarse? 

Escanea o QR do cartaz (TABLÓN DE ANUNCIOS DO COLE) e cubre o formulario ou faino directamente no enlace adxunto: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-Kb2n05H9nR1fubNAh3-rS5NlqcwV...

 

 

Unha aperta, 

ANPA Herrerías

Educasaude

A partires do 16 de marzo nos centros públicos da nosa zona desenrolarase unha nova actividade sobre hábitos saudables, prevención de riscos e moitos outros temas importantes para os vosos fillos/as.

O novedoso deste programa é que os temas traballados no centro en horario lectivo cos alumnos/as, ese mesmo día en horario de 16 a 18 horas aproximadamente, serán tratados con vos polo mesmos especialistas.

No caso de non poder asistir faranse outras reunións en horario máis tardío, o cal  se vós detallará máis adiante.

Os contidos de cada unha das sesións e quen as realiza están expostas na presentación seguinte. Fai clic aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut