Skip to Content

Día do libro

Bos días:

Hoxe celebramos o día do libro. Non podemos compartir este día como en anos anteriores,  onde os maiores elexían contos para os máis pequenos. O patio, os corredores enchíanse de recunchos onde se compartían lecturas.

A biblioteca do colexio está esperando a chegada de novo de todos os nenos e nenas cunha chea de novas lecturas.

Hoxe estas lecturas quedan na casa. Vos propoñemos que elixades un libro en familia e compartades a sú lectura. Podedes facer un debuxo de aquel que máis vos guste.

Deixámosvos tamén outras propostas por se vos apetece facer:

Marcapáxinas

Ficha bibliográfica

Túa experiencia como lector/a

RECURSOS

LECTURAS LOQUELEO

COMIC

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en castelán e en galego)

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: contos contados do colectivo Biblos Clube de Lectura en yotube

PANDEMIA DE CONTOS: vídeo contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA narración oral galega.

BIBLOTECAS PÚBLICAS. GALICIA LE: plataforma para lectura electrónica e/ou visionado de películas desde a casa

BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuito a contos por idades

BRUÑO: acceso gratuito a varios contos.XERAIS: acceso gratuito a varios contos de distinto nivel.

 



page | by Dr. Radut