Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

 

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o mércores 23 de febreiro na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

Lexislación:

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde 25 de xaneiro de 2017

Orde 18 de decembro de 2020

 

Documentación necesaria

  • Solicitude de admisión (anexo II que se pode descargar máis abaixo ou recoller na secretaría). Deberá estar cumprimentada e asinada por ambos proxenitores (na última e penúltima folla).
  • DNI do alumno/a ou Libro de familia (orixinal e copia) para acreditar a idade.
  • Sentenza de separación ou divorcio (de ser o caso).
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as (se optan aos puntos do padrón).
  • Título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidade (de ser o caso).

 

Documentos e impresos

 

 



page | by Dr. Radut