Como todos os anos , o vindeiro venres día 17 de febreiro , imos celebrar no colexio a festa do Entroido . Este ano o tema central da festa asi como do resto das actividades complementarias vai ser "A cidade vella".
Os alumnos levarán traxes alusivos ao tema que se farán no colexio coa axuda dos seus profesores e no seu caso das familias , que aportarán algunha cousiña .
Logo do desfile e as presentacións e no seu caso copliñas , disfrutaremos da degustación dos productos típicos do Entroido : orellas , filloas , rosquillas ...
Despois toca baixar as viandas coa música e o baile ata a hora da saída .
¡Estade atentos as noticias que publicaremos , cun reportaxe da festa para que vexades o ben que o pasamos !.