Proxecto escolar europeo sobre o clima .
XUÑO DO 2017
This project was:
.
Nubes de palabras sobre o noso proxecto elaboradas polos alumnos da escola francesa asociada.
FIN DO PROXECTO " THE WEATHER THAT WE WATCH "
Rematamos xa o proxecto escolar eTwinning “ The weather that we watch”. Comezamos esta singradura acompañados de varias escolas europeas e traballamos un pouco de todo. Fixemos medicións con diferentes dispositivos e cubrimos os datos en diversas táboas e gráficos. Observamos o ceo e o fotografamos en diferentes estacións do ano , mostrándonos aspectos interesantes da paisaxe. Os nosos alumnos conxuntamente cos das outras escolas fixeron diferentes creacións plásticas sobre o tempo atmosférico e o clima. Houbo cancións e referencias a conmemoracións e celebracións. Fixemos algúns experimentos. Usamos materiais de reciclaxe para facer diferentes dispositivos de medición . Aí están moitos traballos de polacos , franceses , ucranianos e turcos e , naturalmente , os nosos , todos compartidos baixo o paraugas do blog
A educación ambiental foi un elemento prioritario do noso traballo . Cada escola incorporou actividades e traballos na medida das súas posibilidades e tempos . Principalmente aportamos as escolas de Polonia, Letonia, Ucraína, Francia e Turquía e , por suposto , a nosa , en dobre calidade de escola asociada e á vez coordinadora do proxecto . Ao final, fixéronse dúas vídeoconferencias entre os nosos alumnados que serviron para unirnos máis , entrevistándonos , compartindo cancións e véndonos os uns aos outros. Foi unha bonita experiencia que colaborou a reforzar o carácter integrador do proxecto. Grazas a todos pola vosa colaboración .
Velaquí un interesante caderno dixital do noso proxecto compartido, e ademais , dobremente premiado .
EN ITALIANO
Unha aportación de última hora ao proxecto en italiano por parte da Scuola de Lanusei-Sardinia
OUTUBRO DO 2016
THE WEATHER THAT WE WATCH ( O tempo que observamos)
1. Este proxecto , no que a nosa escola participa , parte do impulso das áreas de INGLÉS , C. NATURAIS , C.SOCIAIS , EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL e MATEMÁTICAS contando coa colaboración dos Departamentos da Biblioteca Escolar , Dinamización , Actividades extraescolares e TICS e entronca , obviamente , co noso proxecto escolar interdisciplinar CLIMA .
2. Co proxecto preténdese que os alumnos incorporen actividades prácticas sobre diversos aspectos do clima , vistas desde diferentes enfoques , e intercambien esas experiencias cos seus compañeiros , polacos , franceses, turcos…
O BLOG
1. O blog , parte fundamental do proxecto , no que ides entrar , amosa o traballo conxunto dunha serie de escolas europeas para compartir actividades sobre o tempo atmosférico/clima . Tal e como fixemos nos cursos anteriores traballamos baixo o soporte da plataforma ETWINNING-ERASMUS da Unión Europea .
2 .Vertébranse neste blog actividades diversas como cancións, debuxos, manualidades, fotos representativas de cambios climáticos, gráficos do clima de diferentes sitios e con diversos formatos ( todos eles resultantes das medicións que fan os alumnos nas distintas escolas ) e actividades de reciclaxe ( Apartado “ Activities: school devices for weather “-Véxase a creatividade e o inxenio das diferentes escolas por educar na reciclaxe á hora de elaborar dispositivos de medición)
Aínda que non están reflectidas todas as actividades , si están a maioría.
FAI CLIK AQUÍ
"PROXECTO ANUAL CLIMA CO QUE ARTELLAMOS MOITOS DOS TRABLLOS ETWINNING".