Skip to Content

INSTRUCIÓNS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O 2024/25

Hoxe, luns 01 de xullo de 2024 a mediodía, publicouse a Instrución que regula o transporte escolar para o curso 2024/25. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:

Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares

Como novidade salientable a Instrución recolle que os cambios de itinerario ou creación de novas paradas se realizarán mediante a utilidade de petición de paradas implementada para o efecto na aplicación de transporte escolar, polo que non haberá, esta vez, que cubrir o tradicional formulario ANEXO I-SOLICITUDE MODIFICACIÓN ITINERARIO.

A/s familia/s que estiver/en neste caso, póñanse, por favor en contacto co centro educativo mediante correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal, achegando a seguinte información.

  • Nome e coordenadas da nova parada.
  • O nome da parada xa existente anterior e distancia en km á nova parada.
  • O nome da parada xa existente posterior e distancia en km á nova parada.
  • Se a nova parada supón desvío ou non na ruta.
  • Xustificacións/Alegacións que fundamenten a dotación/resolución favorable da nova parada a solicitar.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE MODIFICACIÓN DE TRANSPORTE, NOVAS PARADAS, ETC. NO CENTRO: VENRES 12/XULLO/2024

INSTRUCIÓN DE COMEDOR ESCOLAR PARA O 2024/25 (actualizado 06/07/2024)

En xuño de 2024 publicouse a Instrución que regula o Servizo de Comedor Escolar para o curso 2024/25. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:

INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025

As seguintes ligazóns tratan dos ANEXOS incluidos na referida INSTRUCIÓN:

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS_24-25

ANEXO III DECLARACIÓN_SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR_24-25

ANEXO IV ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO_24-25

 MOI IMPORTANTE: Documentación remitida polo Servizo de Xestión de Comedores Escolares o 04/07/2024 ás 11:36 H.

CORRECCIÓN ERROS NAS INSTRUCIÓN 1/2024 COMEDORES XESTIÓN DIRECTA e 2/2024 COMEDORES XESTIÓN INDIRECTA

MODELO REQUERIMENTO COMEDOR ESCOLAR

Nota: De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución (páxinas 50 a 55); autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 01/09/2024

(Dende mañá, luns 01/xullo/2024 até o venres 05/xullo/2024 inclusive, o centro estará aberto de 10:00 a 14:00 horas para a entrega física do referido Anexo II. De aí en diante -respectando a data límite- deberá ser remitido por correo electrónico a ceip.cesuras@edu.xunta.gal ).

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL, CURSO 2024/25 (actual. 16/07/2024)

Até o 21 de xuño de 2024 poderanse presentar as solicitudes do fondo solidario de libros e axudas de libros de texto e material.

As consultas atenderanse por teléfono (881880509) ou por correo electrónico (ceip.cesuras@edu.xunta.gal).

Para realizar o trámite presencialmente é MOI recomendable solicitar cita previa (do contrario non se garante a atención).

Documentación a entregar:

  • Solicitude (Anexo 1)
  • Anexo  II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente (onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar)
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial ou convenio regulador

 

LISTADO DE LIBROS para o curso 2024/25

 

LISTADO DE MATERIAL curso 2024/25

  • MATERIAL Inf_2023-24
  • MATERIAL 1º e 2º Pri_2023-24
  • MATERIAL 3º e 4º Pri_2023-24
  • MATERIAL 5º e 6º Pri_2023-24

 NOTAS (xullo de 2024):

  • Primaria: non hai listado de material porque se está á espera de confirmación dos RR.HH. e a súa distribución por materias e cursos para o curso 2024/25. En calquera caso, para facerse unha idea pódese consultar no taboleiro de anuncios desta web a do curso pasado 2023/24.
  • Infantil: o listado de material será facilitado en setembro; os posibles libros que se empregasen formarán parte deste listado ao ser considerado material de uso funxible.

CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO

Os Equipos de ACEE, Biblioteca e EDLG do CEIP Plurilingüe Bragade convocamos de novo o Concurso de Poesía (para Primaria) e o Concurso de Debuxo (para Infantil) 2024 do cole.

Deste xeito conmemoraremos o Día Mundial da Poesía e o Día Meteorolóxico Mundial, 21 e 23 de marzo respectivamente.

As poesías, que serán en galego, e debuxos deberán versar sobre o tempo meteorolóxico e/ou o cambio climático e faranse nunha cartolina (tamaño folio dinA4), a cal nola podedes pedir.

Haberá 1 premio para cada participante e outro especial por nivel!!!

Ánimo! A concursar!

Límite de entrega: xoves 21/marzo ás 14:30 H.

Entrega de premios: venres 22/marzo

Actividade enmarcada nos programas de innovación educativa “04. EDUsostibilidade” (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova) e “37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística” (Plan Proxecta+).

ADMISIÓN e MATRÍCULA NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25 (actualizado 23/06/2024)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DO 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous inclusive. PDF explicativo PEC coa información premendo a seguinte ligazón na imaxe anterior.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISION DE ALUMNADO para o CURSO 2024/2025

Desde o venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

 Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880509 ou no correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal 

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 INFORMACIÓN

IMPRESOS

 

MATRÍCULA ESCOLAR E OUTRAS ACTUALIZACIÓNS

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

NOTA MOI IMPORTANTE: Debido a que a Dirección do centro (membro único no Equipo Directivo) está a presidir un Tribunal de Oposicións non poderá atender físicamente as solicitudes, quedando de encargada -e sempre dependendo da súa dispoñibilidade- a Mestra Dª. Alexia Aguiar. A tal fin, prégase solicitar cita previa para garantir a atención.

O horario de atención presencial será entre semana do 20 ao 30 de xuño de 2024 en horario de mañá e sempre tras petición de cita previa (881 880 509 ou ceip.cesuras@edu.xunta.gal).

DOCUMENTACIÓN (pódese descargar a través das ligazóns):

  • Impreso de matrícula: ANEXO_III-1_EDUCACIÓN INFANTIL ou ANEXO_III-1_EDUCACIÓN PRIMARIA
  • Fotocopia da TARXETA SANITARIA da/o alumna/o
  • Fotocopia completa do LIBRO DE VACINAS
  • CERTIFICADO MÉDICO da/o pediatra da/o alumna/o
  • De se o caso, CERTIFICADO DE MATRÍCULA (só se vén doutro centro de 2º ciclo Inf. ou Primaria)
  • 2 FOTOGRAFÍAS (non serven fotocopias a cor) tamaño carné, co nome e apelidos da/o alumna/o polo reverso
  • Documento de autorización da familia para a solicitude da matrícula (se non se presentou antes)

Ademais, se non se presentou na admisión:

  • FORMULARIO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
  • Orixinal do LIBRO DE FAMILIA ou DNI da/o alumna/o e fotocopia
  • CERTIFICACIÓN DE PADRÓN
  • CERTIFICACIÓN DE MINUSVALÍA (se o houber)
  • De ser o caso, CERTIFICADO DE CUSTODIA, SENTENZA XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO
  • CERTIFICADO DE MATRÍCULA do colexio de procedencia, no caso de cambio de centro
  • Calquera outra información/documentación da cal o centro deba/proceda ter coñecemento.

Non dubidedes en poñervos en contacto connosco ante calquera dúbida

ENTROIDO 2024 (última act. 09/02/2024)

O Entroido do 2024 achégase!!! E velaquí veñen os mandadiños... Moito ollo ás pistas que nos dá o noso esqueleto do laboratorio, Paquiño, co que nos diga que hai que traer ao CEIP Plurilingüe Bragade. Cada día colgaremos o que nos vaia dicindo.

 

Pero ollo...!!! Este ano Paquiño está moi bromista... Que non vos despisten os debuxos que está baixo o número do día da semana!!!! SÓ HAI QUE FIXARSE NO MANDADIÑO DA POESÍA E NAS FRECHAS QUE SINALAN ÁS CADA PARTE DO ESQUELETO!!! ;)

 

LUNS 05 FEBREIRO 2024

O dous mil vintecatro,

cedo nos trae o Entroido,

e xa o noso Paquiño,

xa che está preparado.

 

Primeiro mandadiño,

para o luns mañanceiro,

algo enriba de todo,

traerás colocadiño.

----------------------------------------------------------------------

MARTES 06 FEBREIRO 2024


Mantén o da cabeza,

non o andes quitando,

e agora outra cousiña,

por colocar comeza.

 

Pensa na xirafiña,

que é o que ten longo,

e xa pos nesa parte, 

que quede curiosiña.

----------------------------------------------------------------------

MÉRCORES 07 FEBREIRO 2024

 

Sempre colocadiño,

na testa e pescozo,

velaquí vén o novo,

ten moito coidadiño.

 

Estes saen do teu tronco,

así que nun ou nos dous,

coloca o que queiras,

con isto vai dabondo.

----------------------------------------------------------------------

XOVES 08 FEBREIRO 2024

 

Paquiño ten obxectos,

no brazo e na cabeza,

tamén no seu pescozo,

e vén o novo atentos.

 

Do tronco para abaixo,

serven pra desprazarte,

maniotas sentirás,

de correr polo patio.

----------------------------------------------------------------------

VENRES 09 FEBREIRO 2024

 

Esquece os mandadiños.

Hoxe hai algo especial,

que dende hai semaniñas,

tes ben preparadiño.

 

Temática de Entroido,

do Entroido de Galicia,

pantallas, peliqueiros,

de todo haiche moitos.

DÍA DA PAZ (31/01/2024)

O pasado 31 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Internacional da non Violencia e da Paz.

Este ano a sorpresa foi por parte do profesorado ao alumnado, quen representou a obra "ELEFANTES GRISES". Seguidamente se interpretaron cancións sobre a Paz e lectura dun libro da Paz en varios idiomas.

 

Vídeomontaxe do alumnado e profesorado sobre a "Canción de la Paz" de Benny Berman.

PAZ

PEACE

سلام /salaam/

МИР /mir/

שָׁלוֹם /shalom/

平和 (へいわ) /heiwa/

 

Posteriormente, todo o alumnado, e moitas familias que se animaron e puideron vir, participamos na 20ª edición de “Kilómetros de Solidariedade” (III para o cole), proposta pola ONG “Save the children”, cuxo obxectivo é axudar a nenas e nenos afectados pola fame en países como Malí ou Muritania. Superamos o reto dos 15 km e recadáronse  máis de 310 eurosr!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut