Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Actividades complementarias e extraescolares (EACE)
CONTOS DE MEDO - SAMAÍN 2020
Despois de ter traballado na aula virtual a festa do Samaín e os contos de medo, na aula de 3º EP animámonos a escribir o noso conto de terror.
As creatividade dos nenos e das nenas non ten parangón, só hai que deixalos e deixalas crear e das súas cabeciñas saen creacións espectculares. Foi moi difícil facer unha escolma de todos os contos para escoller un.
Aquí tendes o escollido, o conto que escribiu Darío. Agardamos que vos guste.
DEBUXOS DE MEDO 2020
Un ano máis, para conmemorar o Samaín e o Hallowen, as nenas e nenos de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria participaron no concurso organizado a nivel centro "Debuxos de medo".
No seguinte adxunto podedes ver os debuxos gañadores.
Mural da igualdade con Leandro Lamas
Dentro das actividades planificadas no noso Plan de Igualdade do centro, o luns 14 de setembro nenas, nenos, mestras e mestres pintamos un mural na entrada do cole e pasámolo moi ben! Moitas grazas ao artista Leandro Lamas por axudarnos e colaborar con nós a pesares de todas as dificultades destes tempos.
Un Samaín terroríficamente divertido!
Durante a mañá de hoxe celebramos no cole o Samaín e Halloween. Comezamos a mañá lendo historias de medo á luz das linternas, escoitamos os contos gañadores do concurso de contos de medo na biblioteca e disfrutamos dunha festa con discoteca,"photocall", aula do terror, taller de pintacaras e taller de cociña de medo. Foi un día divertidísimo!
PASAPALABRA
Animádesvos a xogar ó Pasapalabra?. Só tendes que clicar na letra do rosco para saber a pregunta, para voltar ó rosco debedes facer click á interrogante que aparece na dereita e para comprobar a resposta faise click na letra correspondente que está debaixo do rosco.
MANNEQUIN CHALLENGE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero no Ceip Centieiras fixemos un mannequin challenge coa canción "Chea de vida" de Guadi Galego.