Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
INTALACIÓN ARTÍSTICA: " A OLA NA CABEZA "
En Centieiras, Fene atópase a instalación artística “A OLA NA CABEZA"
queríamos enmarcar unha mensaxe ambiental de coidado e limpeza de
mares e océanos, recreando unha ola, un mar ou un océano e tratamos de visibilizar e facer unha chamada de atención para sensibilizar
sobre o tremendo problema que é o PLÁSTICO nos mares e océanos.
Despois de traballar este trimestre esta temática e de afondar nun
marabilloso conto “la Ola “ de Suzy Lee e descubrir o pracer que sentimos cando atopamos
unha praia limpa e que o única co que nos agasalla son cunchas,caracolas e estrelas de mar.
Creamos unha estrutura chea de luz e cor moi fermosa durante o día o suficientemente
grande para imaxinarnos dentro do mar e que nos está envolvendo unha ola xigante como
unha serpe.
Participou toda a comunidade educativa, partindo das nenas e nenos enchendo as botellas
plásticas de auga tinguida cunha cunca como medida (cazoleando, xogando, compartindo
momentos e didacticamente adestrando as súas habilidadesmanuais, fortalecendo os
músculos de mans e dedos, favorecendo a coordinación óculo-manual,así como adestrar a
pinza ,as mestras acompañando todo o proceso ,nais e pais instalando as botellas na rede
metálica e ata o conserxe que foi quen colocou a estrutura. Todas as botellas de plástico eran
de desfeito e pasaron a ser recicladas polas familias do alumnado de educación infantil, en
total de 320 botellíns pequenos de auga.
A idea detrás desta instalación é a beleza que podemos crear a partir de material de refugallo
en equipo,XUNTAS E XUNTOS POR UNHA ONDA LIMPA reflexionando así sobre o futuro dos mares.