Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PEQUENO PROXECTO: O UNIVERSO

Durante o mes de outubro estivemos levando a cabo un pequeno proxecto sobre o universo.

Partiu do interés que vimos na aula por descubrir e responder a moitas preguntas. 

Fixemos unha primeira asamblea para ver o que sabíamos e o que queríamos saber.

ASEMBLEA 9 DE OUTUBRO SOBRE O UNIVERSO

 

QUE SABEMOS?

 

- Que é o universo?

Martín: O espazo

- Que hai no espazo?

Julia: Os planetas

- Cantos planetas hai?

Martín: 8 (Saturno, Terra, Xúpiter e Marte)

Julia: E o sol

- Hai algo máis que satélites?

Martín: Si, estrelas

Nuno: Estrelas fugaces

Martín: Iso son meteoritos

Aitor: Só hai satélites

- Que son os meteoritos?

Martín: Son pedras que mataron aos dinosauros. O máis grande é o Sol, que é unha estrela.

- Que é un satélite?

Martín: Envía ondas á televisión e ao móbil para poder ver vídeos.

Nuno: Os planetas xiran ao redor do sol.

- Os planetas xiran ao redor do sol ou xira o sol arredor dos planetas?

Nuno: Os planetas arredor do sol

Martín: O sol arredor dos planetas. Cando o Sol está en China aquí é de noite porque China está

na outra punta do mundo.

- Se é de día vemos o Sol, e se é de noite...

Marta: A Lúa

Nuno: Cando hai lúa chea vémola ata que é pequena.

- Entón, existen diferentes tipos de lúa?

Pablo: Hai unha enteira.

Martín: Hai veces que non hai Lúa

- A lúa ten luz?

Adrián: Unha pouquiña

- A Lúa cambia de forma na mesma noite?

Nuno: Non

Martín: Tarda 24 horas en cambiar.

Nuno: Canto pesan os planetas? Porque os planetas non pesan. Flotan no espazo. No espazo

todo flota, hai gravidade. Isto fai que todo flote.

- Que é a gravidade?

Martín: É gas

Carmen: As estrelas fugaces aterran na Terra.

Adrián: O Sol canto queima?

Nuno: O Sol queima 2 quilos.

Martín: Pero, se o Sol non pesa, como está controlado? Co aire?

Nuno: O Sol non é unha estrela normal, é unha estrela xigante que xira moito.

Martín: Os astronautas cando viaxan ao espazo teñen uns traxes que poden traballar preto da

Lúa.

Nuno: Pero no espazo non hai aire.

Lucas: Os foguetes dos astronautas poden atravesar a atmosfera.

- Que é a atmosfera?

Lucas: A atmosfera protexe a Terra para que non entren meteoritos.

Aitor: Pero se no espazo non hai aire por que voan os foguetes?

Nuno: Porque están atados a un cinto.

- Por que van os astronautas ao espazo?

Martín: A explorar

Nuno: A explorar Marte

- Que hai en Marte?

Martín: Marcianos.

 

QUE QUEREMOS SABER?

 

Martín: Como se fixeron ás persoas? Como se fan os meteoritos? E os planetas? E as estrelas?

Nuno: Canto queima o Sol

Aitor: O mundo saíu dunha estrela?

Martín: O nome de todos os planetas.

Lucas: As fases da Lúa.

 

 

Depois fixemos moreas de actividades que podedes ver no video. 

Grazas profe Marta por este proxecto tan interesante, con actividades moi divertidas, coas que aprendimos moreas de cousas e sobre todo, aprendimos pasando moi bos momentos.