Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MATES EN FAMILIA 3 DE NOVEMBRO

Viñeron a xogar a con nós Alejandra, Carol, Pablo, Estefania y Raquel.

Alejandra tiña un dado de números, nós o tirábamos e baixábamos os dentes do tiburón contando o número de dentes que nos saiu no dado intentando que este non nos mordera.

Raquel xogou con nós ao monster mach. Tirábamos dous dados, un tiña números e outros diferentes partes do corpo (pernas, ollos...) moi rápido tíñamos que encontrar o mounstruo que tiña esas características.

Estefania xogou co jenga de números.

 Pablo explicounos como de xoga ao dominó e Carol, era a árbitra dunha carrera de bechos. Tirámos os dados, sumamos os números que saían e eran os pasos que tiñan que dar os nosos bechos para chegar a meta.

Grazas familias!