Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PEGADAS VERDES

Este curso temos un novo PDI sobre sostenibilidade e medioambiente. Para comezar eliximos nunha votación o nome deste PDI que será "PEGADAS VERDES". Faremos unha morea de actividades no que imos a participar investigando todas as nenas e nenos do centro. 

A primeira actividade de motivación e comezo de PDI foi unha saida de todo o centro á praia de San Valentín onde participamos na XII Limpeza Simultánea de prais organizada por ADEGA. Recollimos todo os refugallos que atopamos pola praia, observando todo o que alí atopamos e que debemos evitar sempre que poidamos.

Dende a nosa aula quixemos poñer o noso graniño de area comezando a facer pequenos cambios nas nosas rutinas diarias coma, por exemplo, non traer as merendas en plásticos nin papel de aluminio se nón, traelo en bolsas reutilizables. Tamén cambiar a botella de auga de plástico por un termo e así, con outras moitas cousas.

Pensamos que necesitábamos distintas papeleiras para poder organizar o noso lixo do día a día polo que fixemos unhas papeleiras de cartón reciclando a caixa dun moble que mercamos para a nosa clase.

Un día no patio e de maneira totalmente espontánea, uns compañeiros e compañeiras da nosa clase deicidiron poñer as luvas na hora de patio e recoller todo o lixo que estaba polo chan.

Estamos moi concienciados/as con pequenos cambios que non nos custan nada facer.