Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
SEMANA DE...MAZÁS
Ao longo de toda a semana as nosoas actividades xiraron arredor das mazás,partindo da motivación do "I Concurso da mazá máis pequena".
As actividades foron libres e dirixidas empezando pola exposión de mazás,colocalas de menor a maior observando canto medía a máis grande (6 cm) e a máis pequena (2cm). Levamos a cabo un experimento da oxidación da mazá coas hipóteses que conlevan, puxemos as mondas da mazá, noutro a mazá soa, noutro a mazá con leite, mazá con limón e mazá con auga. No video se pode ver que cada día quitámoslle unha foto para poder observar así os cambios.
Tamén coloreamos a nosa propia mazá fixándonos na cor e aproveitamos para traballar a lóxica matemática medindo cunha cinta métrica cada unha das mazás.Tamén as pesamos na balanza e buscamos así encontrar o equilibrio dependendo das mazás que poñíamos.
Encontramos tamén outras propostas coma facer a secuencia da mazá mordida de Brancaneves, unha ficha para contar as mazás das árbores, vimos o ciclo de vida dunha mazá facendo así unha ficha onde quedara recollido, coas tarxetas tres partes asociamos a imaxe, co nome e as figuras traballando así o ciclo da vida que se compón de (semente, xerminación, planta, plántula e por último o árbol).
Coñecimos o cadro de René Magritte "El hijo del Hombre"destapando parcialmente o mesmo a través dun círculo cada vez máis grande ata destapalo enteiro. Contemplamos,falamos e fixemos unha reflexión conxunta con preguntas do tipo,qué pode ser o que vedes?,home ou muller?,en qué lugar pode estar?,cómo se chamará?,é polo día ou pola noite?o fillo onde está?,..xurdindo así respostas non moi variadas porque nestas idades repiten a anterior resposta pero pouco a pouco terá cada quen a súa.. Con esta proposta de arte traballamos habilidades de pensamento para chegar a ser críticos e educar a súa mirada.
Fomos a eroski, onde nos explicaron os distintos tipos de mazá e as súas características. Trouxemos para o cole un agasallo ¡unha bolsa chea dos distintos tipos de mazás! Na clase observamos as diferenzas destas, vimos os nomes de cada unha e terminamos facendo unha cata degustación das distintas mazás.
Lemos o conto "a mazá que quería ser estrela" observando así que se cortamos a mazá pola metade ten dentro unha estrela. Igual que nós, que no noso interior temos cousas maravillosas ainda que non as vexamos.
E por último, o venres, escribimos a receita da marmelada de mazá e fomos a cociña do cole. Grazas a Aitor que trouxo do seu manzano moitas mazás e a Martín que trouxo do seu limoeiro, limóns. Fixemos unha marmelada que deu para levar todas e todos para a nosa casa. Cremos que estaba moi boa pero nos quedamos co bo ratiño que pasamos traballando en equipo.
Todas estas actividades as fixemos o longo dunha semana, e que, ainda que non o pareza, unha semana da para moito.