Bo día a todos e todas, que tal foron estes días?
Nos estivemos preparándonos para celebrar o Magosto por todo o alto e pasámolo moi, moi ben!
Ademáis, fomos rematando o primeiro reto que nos propuxo na súa carta Elisa Patiño e o resultado non puido saír mellor; mirade que portas máis bonitas quedaron!!!
Cada clase centrouse no país que lle toca traballar e a verdade é que os nosos pequenos e pequenas son uns verdadeiros/as artistas!!