Skip to Content

Blogues

Concurso de debuxo: "200 anos da Policía Nacional"

A Comisaría Provincial de Lugo promoveu un conscurso de debuxo para poñer en valor o traballo fundamental que presta en servizo da comunidade, para iso o alumnado de 3*, 4*, 5* e 6* de Educación Primaria, coordinados por EDLG (Equipa de Dinamización da Lingua Galega), presentou os debuxos elixidos por mestr@s e alumnado.

Desexámosvos moita sorte!!! 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS PORTAS!

Bo día a todos e todas, que tal foron estes días?

Nos estivemos preparándonos para celebrar o Magosto por todo o alto e pasámolo moi, moi ben! 

Ademáis, fomos rematando o primeiro reto que nos propuxo na súa carta Elisa Patiño e o resultado non puido saír mellor; mirade que portas máis bonitas quedaron!!!

 

Cada clase centrouse no país que lle toca traballar e a verdade é que os nosos pequenos e pequenas son uns verdadeiros/as artistas!!

 

DÍA DA BIBLIOTECA!

Ola a todos e todas!

Como vai esa semana? O Samaín xa está á volta da esquina? Os nosos pequenos e pequenas xa teñen preparado todo para mañá?

Nos pasamos uns días moi terroríficos con tantas lecturas que estamos a ter, así da gusto, pero tamén nos tocou levar a cabo unha misión súper importante: axudarlle a Elisa Patiño!

Siiiii, como vos contamos, recibimos un telegrama urxente dela no que nos pedía axuda para poder seguir voando xa que coa néboa os aparatos da avioneta deixaron de funcionar e precisaba de nós para activar uns códigos e así poder continuar. Cando, por fín conseguimos axudala, recibimos un vídeo dela no cal nos daba as grazas!!

Que ilusión lles fixo aos máis pequenos e pequenas!!

 

XA CHEGA O SAMAÍN!!

Pero pode estar máis bonito o noso cole?

Grazas a todas as familias que adicastes parte, por non dicir, moito do voso tempo para xunto cos vosos pequenos e pequenas crear unhas caixas terroríficas tan, pero tan terrorificamente incríbeis!

Como hai tantas, están repartidas por diferentes partes do colexio: na entrada, na biblioteca e na zona de infantil!

Moitas grazas familias e alumnado; sodes uns verdadeiros e verdadeiras artistas!!!

 

Os nosos pequen@s colaborador@s!!

E seguimos contándovos novidades da nosa biblio!!

Esta semana as nenas e nenos de 4º de primaria comezaron como colaboradores da biblio durante a hora do recreo. Estaban moi ilusionados/as xa que adicaron este tempo a colocar libros, prestarlles axuda aos seus compañeiros/as e revisar que todo quedase perfecto antes da volta ás aulas!!

Para a semana tócalle aos máis maiores incorparse ao voluntariado de colaboradores/as, algo que, sen dúbida, lles gusta moito e fan súper ben!!!

 

PASAPORTES LECTORES!!

Boas tardes!!!

Que tal vai todo? Polo colexio andamos moi, moi atarefados porque como xa sabedes o Samaín está á volta da esquina, xa non queda nadiña!!

Pero ademáis disto temos outras moitas cousiñas que ensinarvos; hoxe tócalles aos pequenos e pequenas de infantil, os cales, como podedes ver xa teñen elaborado o seu pasaporte lector. A mestra Olalla creoulles este pequeno documento onde irán pegando semanalmente a imaxe do libro que lles toca ler e debaixo porlle unha valoración, que seguro que van a ser moi boas porque son uns contos súper bonitos!!!

 

RECIBIMOS A PRIMEIRA CARTA!!

Bos días a todos e todas!!!

No colexio estamos moi, moi emocionados e emocionadas porque a que non sabedes quen nos escribiu? ELISA PATIÑO!!!!

Este luns todas as aulas recibimos unha carta súa, nela contabanos moitas cousas e tamén nos plantexaba o primeiro reto que temos que superar e ese reto é... que cada aula decore a súa porta co monumento máis famoso do país que lle tocou!

Non tedes moitas ganas de ver como van a quedar? Nós siiiii!

Pois non se fale máis e imos poñernos mans á obra!!!

 

Un mar de diversidade.

O venres pasado os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria fixeron unha saída á Cofradía de pescadores de Celeiro onde se puxeron na pel das persoas cegas, xordas, autistas, con TDAH e con mobilidade reducida.

Un mar de xogos e actividades propias do mundo diverso no que vivimos que axudan a crear empatía hacia os demáis e a reflexionar desde pequenos.

APERTURA DA BIBLIO!

Bos días a todos e todas!

Que tal o inicio de curso? Por aquí estivemos moi atarefados/as e é que como podedes ver a nosa Biblio ten unha nova imaxe, que vos parece? Quedou moi chula, verdade!

Gañamos espazos e reorganizamos o mobiliario de xeito que tanto os máis pequenos/as coma os máis maiores teñan acceso aos diferentes recunchos e espazos, permitíndolles así, non só desfrutar da lectura, senón tamén de xogos, de acceso á rede ou mesmamente para desfrutar dunha charla entre compañeiros/as nun lugar diferente ao patio ou pavillón.

 

Pero como xa sabedes, a nosa biblioteca é un lugar ao que non só poden vir os nenos/as do cole, senón que tamén está aberto para vós, as FAMILIAS!

Recordade que a bilioteca está aberta de martes a xoves de 4 a 6 da tarde.

Así que, aquí vos agardamos!

COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE!

Chega setembro e con el o inicio dun novo curso cheo de miles de aventuras, reencontro, momentos de diversión e tamén de aprendizaxe.

Este curso o proxecto do noso colexio vai a ir sobre as viaxes aoredor do mundo; coñeceremos diferentes culturas, tradicións, linguas, gastronomía... e tamén teremos que superar uns cantos retos que Elisa Patiño nos propoñerá ao longo do curso!! E quen sabe? Se conseguimos superalos todos ao mellor nos ten algunha sorpresa preparada!!

Por agora non recibimos ninguha carta súa pero estaremos moi atentos e atentas, en calquera momento podemos ter noticias súas!!

 

O proxecto deste curso busca non só fomentar o coñecemento da nosa propia cultura senón tamén doutras moitas que forman parte do noso entorno, en numerosas ocasións, pero que non temos a oportunidade de coñecer de primeira man. Este ano será unha oportunidade de aprendizaxe e desenvolvemento de novos saberes.

 

CONTINUAMOS COA NOSA VIAXE!!

Distribuir contido


by Dr. Radut